O BNG pide ao Goberno oporse a supresión dos partidos xudiciais en Galiza

Tereixa Paz en sesión plenaria

A deputada Tereixa Paz defendeu unha emenda á Proposición non de lei do PP co fin de rexeitar a supresión dos partidos xudiciais nas vilas cabeceiras de comarca e das cidades galegas que non son capitais de provincias

Tereixa Paz defende a emenda á iniciativa do Partido popular

A deputada do BNG, Tereixa Paz defendeu unha emenda á Proposición non de lei do Partido popular sobre as xestión que debe iniciar o Goberno galego para manter o partido xudicial de Vigo no futuro mapa xudicial.

A deputada estendeu esta reclamación “a todos os partidos xudiciais galegos” nas vilas que son cabeceira de comarcas, as cidades galegas que non son capitais de provincia e de maneira moi singular, á cidade de Vigo.

Asemade, Paz tamén pediu crear un grupo de traballo para definir un modelo adecuado ás peculiaridades sociais, territoriais e demográficas de Galiza respectando o dereito á tutela xudicial, o acceso universal á xustiza e o achegamento da xustiza á cidadanía.

Pola súa parte, o popular Javier Dorado, defensor da Proposición non de lei do PP, coincidiu coa nacionalista en defender todos os partidos xudiciais galegos pero priorizando, como figura na iniciativa, o partido xudicial de Vigo como propio na nova lei de demarcación e Planta xudicial do Goberno central.

A parlamentaria do BNG acusou ao portavoz popular de rescatar unha “iniciativa prehistórica” coa intención de suscitar un debate actual máis de aprobar unha iniciativa para manter o partido xudicial de Vigo cando se aprobe a futura Planta xudicial, dixo, “chegaremos tarde” polo que reclamou incluír no anteproxecto ao resto dos partidos xudiciais galegos, a través das emendas presentadas pola oposición no Parlamento.

O PP quere lavarlle a cara a Gallardón

Tereixa Paz considerou que a iniciativa do PP pretende “quedar ben sen gastar nada” e lembrou que o propio Parlamento xa manifestou a súa vontade, a través doutra iniciativa, para manter os partidos xudiciais alí onde existan. Vostede, afirmou, o que quere e “lavarlle a cara ao Sr. Gallardón” defendendo aparentemente tanto o partido xudicial de Betanzos como o de Valdeorras ou o de Vilanova e Monforte cando en realidade vostedes non están xa nesa posición.

Tereixa Paz

A parlamentaria asegurou que o Partido popular aposta por implantar Tribunais de Instancia nas sete áreas urbanas de Galiza pero esa, “non é a posición do BNG”, nin a posición aprobada por unanimidade por este Parlamento, lembrou.

Para a deputada do BNG, Gallardón mantén unha “concepción mesetaria” da xustiza galega en grande medida, propiciada pola falta de reclamacións de competencias do Goberno galego nesta materia.

Sería unha “aberración” que desaparecera o partido xudicial de Vigo igual que os que existen noutros lugares afirmou a nacionalista. Decidan dunha vez cal é a postura que van defender dende Galiza no anteproxecto de lei orgánica para non alonxar da xustiza a miles de cidadáns galegos, concluíu.

Finalmente, tras unha negociación ao remate do debate da PNL, o Partido popular aceptou a emenda do BNG.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG