O BNG participará na manifestación contra o roubo do aforro galego

Unha delegación do BNG encabezada polo portavoz parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera participará o vindeiro sábado, día 12 de xaneiro, na manifestación que partirá as 12hs dende a Alameda de Santiago de Compostela contra o “Roubo do Aforro Galego”.

Asemade, o BNG amosa o seu apoio ao manifesto contra o Plan de reestruturación de Novacaixagalicia Banco que prevé a destrución de 2.508 postos de traballo na propia Entidade e máis despedimentos nas empresas auxiliares.

O BNG reclama  parar a "dura e inmoral" quita para os aforrador@s con débeda subordinada (prefenrentes e obrigas) e apostar pola   viabilidade da Obra Social, Asitencial e Cultural así como os postos de traballo asociados a entidade.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG