O BNG participa no XX Congreso do Partido Comunista Português que se celebre na cidade de Almada entre o 2 e o 4 de decembro. Un congreso que baixo o lema “PCP. Com os Trabalhadores e o Povo, DEMOCRACIA E SOCIALISMO” transcurre nun momento importante da realidade portuguesa,cando se vén de cumprir o primeiro aniversario da derrota electoral do goberno de dereita e da conformación dun goberno do PS en minoría e polo tanto condicionado na Asemblea da República
A membro da Executiva Nacional do BNG, Montse Prado, que representa á nosa organización neste congreso, trasladou ao PCP o desexo de éxitos nos retos políticos que se marque, considerando que eses éxitos suporán avances nas condicións de vida das clases populares do país veciño.
Así mesmo, tivo a oportunidade de compartillar análises sobre a complexa e confusa realidade internacional co PCP e con representantes de organizacións políticas de 53 países de todo o mundo presentes no congreso, informando tamén sobre a realidade política e social de Galiza neste momento.