O BNG non participará na defensa das leis de Costas nin da Reforma do voto Cera

Cosme Pombo portavoz de Educación

O portavoz do grupo nacionalista, Francisco Jorquera explicou que a “desvinculación” do BNG na defensa das dúas normativas ven xustificada polas “discrepancias” coa Lei de Costas e a reforma do voto emigrante

 Pleno-Ningún membro do Grupo parlamentario do BNG participará no debate de defensa das Leis de Costas e da Reforma do voto CERA no Congreso dos deputados por discrepar de ambos textos lexislativos.

O BNG desvinculase da defensa das dúas leis do PP

O Parlamento de Galiza, en sesión plenaria, elixiu hoxe aos representantes dos grupos paralamentarios encargados de defender no Congreso dos deputados a Lei de Costas e a Reforma do voto emigrante.

O portavoz nacionalista, Francisco Jorquera cualificou de “caduca” a proposta para reformar o voto do CERA e considerou que a modificación da Lei de Costas “non resolverá a situación dos núcleos rurais”.

Jorquera defendeu unha emenda de devolución de ambas propostas e alertou do risco de reabrir a cuestión sobre o  voto dos residentes ausentes “sen garantías democráticas”.

As emendas de devolución dos textos lexislativos defendidas polo BNG foron rexeitadas polo grupo maioritario do PP presente na Cámara.

Proxecto de lei do Sistema universitario de Galiza

Por outra parte, a petición do BNG de devolución do proxecto de Lei do Sistema universitario de Galiza foi igualmente rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular.

Na defensa da emenda, o portavoz de Educación nacionalista, Cosme Pombo rexeitou o modelo educativo do PP e denunciou que “a lingua propia de Galiza como idioma vehicular no ensino superior, na investigación científica e na creatividade artística e cultural non é recollida nesta Lei”.

Pombo afirmou que para o BNG, o sistema universitario galego “é fundamental” e a  investigación universitaria debe contar cos  recursos humanos e materiais que  lle son negados e avogou por  impedir,  que @s investigadores/as “marchen para fora”.

O deputado engadiu que na actualidade hai “centos de profesor@s e investigador@s menos na universidade” e de cara ao futuro a nova Lei, “será unha pexa moi importante para o propio sistema universitario”.

Os recortes de hoxe, manifestou, comprometen o futuro de xeracións enteiras e das que “van escapando por Europa adiante”, o BNG lamentou que o novo proxecto de lei non responda ás “demandas de Galiza” e resulte desalentador que o financiamento presentado non garanta a “suficiencia financeira do sistema universitario galego merecente de tal nome”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG