BNG non avala a moción de censura de Muxía asinada co PP

Traslada a petición de apertura de expediente ao Consello comarcal da Costa da Morte, órgano encargado segundo fixan os estatutos

A Executiva nacional do BNG non avala ningunha moción de censura que implique a participación do Partido Popular e, neste sentido, rexeita a moción rexistrada no concello de Muxía. Ademais, a dirección do Bloque traslada á petición de apertura de expediente á concelleira asinante ao Consello comarcal da Costa da Morte, órgano ao que estatutariamente lle corresponden este tipo de medidas.

Ao mesmo temo, a Executiva do Bloque critica e rexeita a actitude do actual rexedor, despótica e pouco democrática, contribuíndo a xerar un clima de crispación do que é o único responsable e que en nada beneficia a boa gobernanza do concello. Unha actitude de desprezo coas forzas da oposición que era perfectamente coñecida pola dirección do PSdeG e que aínda así ignoraron sen adoptar ningunha medida.

A posición da Executiva está en coherencia cos acordos adoptados polo Consello Nacional, máximo órgano entre asembleas, tras as pasadas eleccións municipais de non facilitar ningunha moción de censura que implique a participación do PP.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG