O BNG mantén a súa emenda de 25 millóns de euros para o dique flotante da ría de Ferrol

Francisco Jorquera explicou que a abstención do grupo nacionalista á emenda pactada entre PP e PSdeG, respondeu a intención de “non lavarlle á cara ao Goberno da Xunta” por que o PP sigue xogando “ao engano”.

PP e PSdeG pactaron unha partida de cinco millóns de euros para a construción do dique flotante  na ría de Ferrol coa abstención do BNG que reclamaba unha maior contía para o dique.

O portavoz nacionalista, Francisco Jorquera explicou que o BNG se abstivo na votación da emenda transaccionada entre o PP e PSdeG para destinar cinco millóns de euros na construción do dique de Ferrol  porque o PP segue xogando “ao engano” e non ten vontade para que este dique se chegue a facer.

O nacionalista afirmou que “non existía dotación para o dique” e para maior demostración, explicou, hoxe mesmo en Madrid o Partido popular sigue dicindo que non vai votar a favor dunha Proposición no Congreso dos deputados que comprometa ao Goberno central a facer realidade o dique flotante.

O BNG, manifestou non está nesta Cámara para “lavarlle a cara ao Goberno da Xunta” nin para ser cómplice de “cerimonias de confusión” polo que seguimos mantendo a nosa emenda para que sexan destinados 25 millóns de euros á construción do dique flotante de Ferrol.

A Xunta aproveita a emenda transaccionada para facer propaganda falsa

Na segunda intervención, Francisco Jorquera fíxose eco dunha nota de prensa publicada na páxina web da Xunta na que se afirmaba que a propia Xunta de Galicia destinaría cinco millóns de euros para a construción do dique flotante de Ferrol cando en realidade, puntualizou “foi o Parlamento e non a Xunta” e esa partida deberá ser  dedicada ao dique.

Jorquera reiterou que, o BNG votou a favor de incrementar a partida para a construción do dique flotante pero abstívose na emenda transaccionada, polo que seguirá mantendo a súa emenda que  eleva a 25 millóns de euros.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG