A candidata ao Congreso por Lugo, Maite Ferreiro, reclamou a construción de carriles de incorporación na N-VI “por que é unha obra sinxela, con pouco custe e necesaria para garantir a seguridade da circulación”. Ferreiro indicou que “é posible facer obras pequenas que lle facilitan a vida á xente e que non teñen un grande custe” en engadiu que “os candidatos dos partidos estatais van vender fume en Lugo e obedecer en Madrid”. Para a candidatura do BNG “construír carriles de incorporación no tramo da N-VI entre a estrada de Santiago e Garabolos é algo absolutamente factible”.
Maite Ferreiro lembrou que a deputada do BNG no congreso dos deputados, Rosana Pérez, xa presentara unha iniciativa pedíndolle ao goberno do estado que actúe neste tramo da N-VI e sinalou que “esta actuación non require un investimento elevado” e sinalou que “este é un dos tramos que máis circulación soporta no noso concello”. “A nosa presenza no concello serve e servirá para mellorar Lugo e facilitarlle a vida á xente”. Dende o BNG traballarase para a construción de carriles de incorporación na N-VI “por que é unha obra sinxela, con pouco custe e necesaria para garantir a seguridade da circulación”