A deputada do BNG por Ourense confirma que “diante da falta de diálogo da Xunta de Galiza o BNG levara este tema ao Parlamento demandando que se escoiten as demandas e se abra unha aula máis de infantil e o Partido Popular terá que explicar se vota o mesmo que todos os grupos do concello ou se vota en contra das familias de Allariz.”
Para a nacionalista “a actitude da Xunta de Galiza é impresentable, non está a atender as demadas de pais e nais nin á comunidade educativa, que se basean en criterios pedagóxicos, e prima os seus criterios económicos de recorte permanente de profesorado e aulas no rural”. Para deputada ·é impresentable que se queira castigar así un concello pioneiro en fixación de poboación no rural”
A deputada expresou “os nosos parabéns á sociedade alaricana xa que nos últimos meses nais, pais, representantes institucionais e veciñanza en xeral do Concello de Allariz veñen denuniando a masificación das súas aulas e desenvolveron nos meses de verán diferentes accións reivindicativas loitando polos seus dereitos dunha forma exemplar”
Ademais “Este desatendemento por parte da Xunta de Galiza contrasta con que neste mesmo verán o goberno galego decretara unha orde creando 31 unidades máis na escola privado-concertada para o curso 2018/2019, 16 máis que as creadas o pasado ano, ao que hai que sumar que os concertos estarán blindados até 2022/2023 nunha clara aposta por privatizar o ensino público galego. Para iso a consellería de ensino si ten diñeiro”