O BNG, a través dunha proposición non de lei defendida polo deputado, Luís Bará instou ao goberno a demandar a transferencia da AP-9 e outras competencias avaladas por amplos acordos parlamentarios.
O nacionalista reclamou a convocatoria da Comisión Mixta para impulsar a transferencia da AP-9 e das outras competencias e recalcou que os acordos parlamentarios “deben ser respectados”.
Na súa intervención, criticou que desde o ano 2009, o Partido popular non solicitara “ningunha transferencia” e mesmo se dedicara a “poñer paus nas rodas” para que a transferencia da AP-9 non se produza pero advertiu que o BNG “tarde ou temprano conseguira que sexa unha realidade” e somos conscientes de que teremos que vencer todo tipo de atrancos e “resistencias”.
Esta transferencia, engadiu, será un “logro arrincado a un estado centralista” e o BNG é “o motor desta demanda” en defensa dos intereses de Galiza votando o mesmo “aquí que en Madrid” e outras forzas políticas non poden dicir o mesmo porque “votan unha cousa aquí é a contraria en Madrid”, enfatizou.
Na defensa da proposición non de lei, lembrou que no caso da AP-9, ao igual que nas competencias de Tráfico, Meteoroloxía ou Costas, as diferentes forzas políticas acadaron acordos en Galiza pero en Madrid as forzas centralistas impiden que prosperen.
O BNG, retirou Bará, foi a forza política que impulsou desde o ano 2015 a través dunha Proposición non de lei a transferencia da AP-9 e nese ano acadamos un acordo unánime no Parlamento galego para aprobar unha proposta de lei que finalmente foi aprobada pero “vetada” polos membros do Partido popular da Mesa do Congreso e da presidenta, Ana Pastor, foi, dixo, o 13 de decembro do ano 2016, o “día da vergoña”. “Votan en Galiza, vetan en Madrid”, reiterou.
Xa no ano 2017, desde o BNG decidimos retirar a parte que aludía ao rescate da concesión para facilitar a transferencia pero outra vez, o Partido popular volveu a vetar esta iniciativa e no mes de xuño do ano 2018 co cambio de goberno, a proposta foi admitida a trámite pero rematada a lexislatura non deu tempo a cumprir con todos os trámites pero finalmente, si foi admitida no ano 2021 “cun grande apoio da Cámara do Congreso” e garantías de que pode prosperar.
Sen embargo, a pesar da petición de urxencia formulada polo BNG para que as forzas políticas presentaran as emendas correspondentes, atopámonos con que “os grupos centralistas presentaron 17 prorrogas para entorpecer a aprobación do texto”. O BNG, pola súa parte, non presentou ningunha emenda pero o PSOE propuña unha “rebaixa inadmisible” eliminando a transferencia da titularidade da autoestrada e o PP condicións “leoninas” sobre obras urxentes.
Tras a intervención da portavoz popular, Begoña Freire, o deputado do BNG lembrou que as propostas para transferir as diferentes competencias foron votadas en contra polo Partido popular como a de Trafico ou Costas.
Bará reprobou a intervención de Begoña Freire por defender o “máximo compentencial para Galiza” cando en realidade, dixo o deputado do BNG , vostedes “din unha cousa e a contraria e quedan tan panchos”.