Na interpelación do BNG á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, o deputado, Luís Bará insistiu en “retirar o anteproxecto do Ciclo da Auga” porque supón un “novo sabrazo” para concellos e persoas usuarias e avogou por un diálogo cos axentes implicados co fin de acordar “unha Estratexia Galega da Auga” para a presente década.
Ademais, o nacionalista asegurou que esta estratexia en consonancia coa Directiva marco da Auga e coa Nova Cultura da Auga cunha unha visión integral do ciclo da auga máis alá do abastecemento, saneamento e depuración.”
Por outra parte, tamén debe conter, ao seu xuízo, coa protección e conservación dos acuíferos e masas de auga, xestión da calidade das augas, redución do consumo, eficiencia enerxética e na xestión e reutilización das augas de chuvia e depuradas.
Por unha Nova Cultura da Auga
O deputado indicou que, con carácter previo á Estratexia e a calquera proxecto de lei, deberanse levar a cabo “os Plans Xerais galegos de saneamento e abastecemento previstos na lei de augas de 2010” así como culminar os traballos do Pacto Local da Auga, iniciados en 2013.
Para o nacionalista, o anteproxecto da auga do PP prexudicará gravemente aos concellos e usuarias e usuarios e apelou a crear o Consello para o Uso Sustentábel da Auga, previsto na lei de augas de 2010 e negociar o Plan hidrolóxico Galiza Costa así como os proxectos a financiar cos fondos europeos, Next Generation de 2021-2027.
Na súa intervención tamén reclamou a transferencia a Galiza de todas as competencias en materia de augas e a xestión das bacías hidrográficas.
O goberno ameaza á alcaldesa de Tomiño por criticar o anteproxecto
Tras a intervención da conselleira Ethel Vázquez, o deputado do BNG criticou a postura enrocada do Partido popular de manter un anteproxecto lesivo para os intereses dos concellos e a cidadanía . A propia Fegamp, dixo, “cuestionou este anteproxecto” por represententar un “aumento abusivo das taxas nun 60%” segundo o informe remitido no mes de setembro coas deficiencias e tarifas do anteproxecto, un informe afirmou, “avalado polos tres partidos BNG,PSOE e PP”.
Ademais, cualifico de “inadmisible” o ataque á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, por criticar a lei e preguntou si a consellería da que é titular Ethel Vázquez remitiu “ a mesma carta ameazante” a todos os concellos na mesma situación de Tomiño, ameazando de traspasar a depuradora no caso de non acometer as obras exixidas pola Xunta. Vostedes, pretenden obrigar aos concellos a asumir “até sete plans de obras” con investimentos que porán en risco a súa capacidade financeira.
Finalmente, o deputado do BNG cargou contra a falta de diálogo do PP e utilizar “a vía unilateral” para un anteproxecto que debe ser retirado como lles pide a propia FEGAMP. Van deixar atrás a política “de ordeno e mando” e abrir o diálogo que reclamamos? Cumprirán co Pacto Local da Auga como pediu de maneira unánime no ano 2017 este Parlamento?. A conselleira eludiu responder as cuestións formuladas polo deputado do BNG, Luís Bará.