BNG exixe á Xunta que cumpra a lei e non sexa cómplice das irregularidades das empresas beneficiarias do transporte público

Pulo Ríos (Kai)
Pulo Ríos (Kai)
Paulo Ríos reprochou a “conivencia” do goberno galego coa empresa Monbus e compara esta xestión co filme de Francis Coppola, O padriño

O portavoz de Mobilidade do BNG, Paulo Ríos, (Kai) replicou á conselleira, Ethel Vázquez que a propaganda é unha cousa é a realidade outra moi diferente e exixiu ao goberno galego “que cumpra a lei”, no ámbito do transporte público.

Tras a comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, o nacionalista comparou a xestión da Xunta coa triloxía de Francis Coppola, director del “Padriño” porque para o Partido popular, afirmou Kai, “o máis importante é a familia” e esa familia  chámase “Iberdrola, Naturgy, ENCE ou Mombús”.

O deputado do BNG tamén criticou que a conselleira eludira referirse ás irregularidades da empresa Monbus entre os que destacou os incumprimentos de contratos, modificacións de horarios e retirada de servizos ademais das “precarias condicións dos propios vehículos e dos e das traballadoras”.

A xuízo do nacionalista, a concesión de contratos a Mombús deixa tres grandes afectados: “ás pequenas e medianas empresas, aos traballadores e traballadoras e as persoas usuarias do servicio”. Kai explicou que estes tres sectores están “en pe de guerra” pola práctica monopolista da empresa de transporte.

O deputado convidou á conselleira a coñecer esta realidade a través das propias persoas usuarias que permanentemente denuncian a redución de servizos e eliminación de horarios de maneira inxustificada.

Por outra banda, sumou a estas irregularidades “a laminación dos dereitos laborais dos traballadores e traballadores” ao ofertar a empresa condutores e acompañantes cun cen por cen de contratos indefinidos para gañar os contratos pero en realidade as acompañantes denuncian que os seus dereitos “non están blindados”. Traballan  cunha subrogación do seu contrato e con horarios reducidos. Tampouco conta o tempo de espera mentres soben e baixan os nenos e nenas ademais de seren contratados vía ETT.

O PP, recalcou o deputado “segue inflando o bombín dos grandes grupos empresariais e logo son eles os que realmente gobernan”.

Kai insistiu nas irregularidades da empresa Monbus e afirmou que a flota de vehículos non cumpre a normativa, “por idade e  medioambientalmentel”. A día de hoxe, se a empresa tivera que   duplicar as liñas non podería porque non ten  capacidade para facelo.

Os condutores e condutoras tamén denuncian os cambios de liñas   e contratos, e isto está acontecendo, explicou, Paulo Ríos, coa “conivencia da Xunta de Galiza”.

O deputado volveu a reclamar á Xunta que rectifique e deixe de gobernar para as grandes empresas e “para os seus amigos”. “Baixen a realidade, controlen e inspeccionen” e sobre todo,  “exixa que se cumpran os contratos asinados” de maneira escrupulosa, concluíu. 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG