Na defensa da proposición, o nacionalista lembrou que o “uso e abuso de produtos fitosanitarios na agrogandeiría nos últimos anos” aumentou considerablemente. De feito o Estado español, no ano 2016, con case 80.000 tn liderou o ranking e ten incrementado dende o ano 2011 en máis dun 6% as cantidades empregadas. Galiza non é un caso alleo a esta tendencia. Só en glifosato, por citar o produto que é utilizado polos seus efectos nocivos demostrados e prohibición de uso para o 2022, “Galiza tería gastado no 2017 uns 10 millóns de euros”.
Neste sentido criticou a falta de información no portal de transparencia da Xunta de Galiza, da actividade desenvolta polo Comité Fitosanitario Galego, órgano Colexiado que debe velar polo bo uso deste tipo de sustancias, planificar anualmente medidas de inspección, a seguridade, reducir impactos ambientais derivados do manexo destas substancias nocivas non ofreza “Descoñecemos da actividade desenvolta por este organismo e da que non se da publicidade”.
“O problema está aí cruamente”. Non vale a relaxación da Administración na súa responsabilidade de controlar o bo uso de herbicidas, insecticidas, funxicidas e demais substancias químicas de carácter tóxico, de xeito reiterado, con escasa protección e cun manexo deficiente e todas aquelas persoas que profesionalmente, ou non, están expostas a estas sustancias, deben dispor de tódalas garantías por parte “da Administración, e dos seus órganos de control, para vixiar e detectar posibles exposicións a niveis de residuos perigosos”, a un correcto asesoramento e formación, e informa dos riscos e afeccións a enfermidades. A aplicación destes produtos ten maior incidencia cando se trata de traballadores de empresas dedicadas a labores por conta allea ou en prácticas agrícolas a cuberto en invernadoiros.
Cremos pois necesario, dixo o nacionalista que desde a Administración pública, e en particular dende o Comité Fitosanitario Galego, se faga un primeiro estudo entre a poboación de risco, continuado no tempo, establecendo as analíticas nos períodos de aplicación e nos de descanso para contrastar.
O parlamentario reclamou deseñar “un plan de seguimento entre traballadores e traballadoras de actividades agrícolas e gandeiras que utilizan praguicidas” así como poñer en marcha un “Plan Galego de control, uso e diminución de produtos fitosanitarios” en beneficio das e dos traballadores que utilizan estas substancias.
A proposta do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular. Tras a votación, o deputado nacionalista lamentou o voto en contra do PP ao que acusou de amparar “ás empresas que comercializan os praguicidas”.