O BNG desexa á sociedade galega un 2013 que nos achegue á xustiza social e a soberanía

O Bloque Nacionalista Galego desexa á sociedade galega un 2013 que nos achegue á xustiza social e á soberanía e desde logo traballará duro para avanzar nese camiño.

Somos moi conscientes de que a inmensa maioría da sociedade galega vive os rigores dunha crise extrema -desemprego, precariedade, moi baixos salarios e pensións-, produto de políticas terribelmente inxustas que non só se revelan ineficaces para saír da recesión, senón que mesmo a agudizan e agravan así as desigualdades sociais.

Mais felizmente existe na sociedade galega enerxía dabondo para reaxirmos como pobo, para defendermos os nosos dereitos sociais e nacionais e para encetarmos un novo camiño, un novo rumo.

Facemos votos, pois, por que 2013 esa enerxía social se traduza en avanzos para a causa da xustiza social e da soberanía, causas xustas e necesarias, as causas que son a razón de existir do Bloque Nacionalista Galego.

Moi feliz entrada de ano a todas e a todos!

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG