A deputada do BNG, Noa Presas cualifica de “estafa” que RENFE venda billetes Intercity a prezo de billetes Avant sen informar ás persoas usuarias.
A parlamentaria salienta que existen denuncias de persoas afectadas no tramo Ourense-Coruña, ás que cobraron polo billete AVANT, 25,30 euros cando en realidade se trata dun tren Intercity cun prezo de 21,10€.
Presas afirma que a venda de billetes coa tarifa máis cara e sin previa información representa unha “estafa” xa que o billete non conleva as características como a conexión para un ordenador ou teléfono e os atrasos derivados dun tren procedente de fora de Galiza. Ademáis, explica que a desactivación do cadro eléctrico á chegada a Ourense para a súa adaptación á vía sen electrificar provoca outra molestia aos usuarios, a desconexión o ar acondicionado.
A unha maior contía no billete, Presas engadiu o tempo empregado no percorrido, “un Avant emprega entre Ourense e Santiago 38 minutos de viaxe, mais se é un Intercity sobe a 51 minutos. Entre Ourense e Coruña a diferenza é de 1h e 8 minutos para o Avant e 1 hora e 25 para o Intercity”
Nas reclamacións ás que o BNG tivo acceso, afirma a nacionalista, Renfe respondeu con mentiras sobre as características técnicas homologando o tren Intercity ao Avant.
A deputada anunciou que o BNG presentará iniciativas no Parlamento para reclamar a mellora na política informativa, homologar o prezo ao máis baixo e sen aplicar un “imposto revolucionario” así como incrementar máis liñas de horarios para o AVANT e abaratar os prezos dos billetes.