parlamento galego

BNG denuncia o “desleixo” do goberno galego cos portos da Costa da Morte e pide á Xunta “compromiso” para garantir a actividade empresarial e manter o emprego

Daniel Pérez
Daniel Pérez
Daniel López denuncia a inacción da  Xunta coa Costa da Morte cun novo golpe para a futuro da empresa Xeal, tras a retirada do guindastre do porto de Brens

O deputado o BNG, Daniel Pérez denunciou o “desleixo” do goberno galego cos portos da Costa da Morte así como a súa falta de compromiso para garantir o futuro empresarial e laboral da comarca.

Para o deputado, “a Xunta non defende os intereses da Costa da Morte, nin ten a intención de destinar as partidas necesarias para o seu desenvolvemento”. Nesta liña, lembrou a necesidade dunha autovía da Costa da Morte para  comunicala coa comarca de Bergantiños, e co eixo industrial constituído polos polígonos de Carballo, Laracha, Arteixo e A Coruña e lembrou que dende o ano 2009 “continuamos agardando por esta infraestrutura” sen que o Partido popular “movera unha soa pedra” e sen executar as partidas incluídas nos orzamentos.

Agora, dixo o deputado carballés, desde o Partido popular xa non falan de autovía, falan  de vía rápida, que non é, nin de lonxe, o mesmo.

Daniel Pérez insistiu na “falta de compromiso da Xunta co desenvolvemento económico e coa creación e mantemento  de emprego en Carballo e na  comarca de Bergantiños” con sistemáticos  incumprimentos como “a falta de  ampliación do polígono de Bértoa, ou a circunvalación de Carballo para facilitar a saída a Santiago e mellorar a competitividade das empresas.

O goberno non protexe os portos

Sobre a actual situación dos  portos da Costa Morte,  afirmou que  o Goberno galego debería asumir as eivas que persisten ao longo dos anos e denunciou  que hai precisamente catro anos, despois do accidente que lle costou a vida ao patrón do Silvosa en Malpica, os  orzamentos deste ano destinan só 25.000 euros para  mellorar a seguridade na dársena.

Na súa intervención tamén se referiu ás obras de dragaxe do Porto de Laxe, unha obra que no ano 22 a Xunta respondía por escrito ao BNG que estaría rematada no mes de outubro dese ano e que apropia  presidenta de Portos de Galiza, recoñeceu ao BNG a vertedrua  dentro da dársena de 1.500 toneladas de escombro procedente da obra de  dragado, “obras realizadas a primeira hora da mañá, sen comunicación oficial e as agochadas”.

A Xunta incumpre o seu compromiso para o porto mixto de Corcubión, a cobertura do servizo de practicaxe nos portos de Sada, Laxe, Corme, Cee e Corcubión, “un despropósito” que por aforrar 60.000 “púxonos en risco sen servizo durante tres meses expoñéndonos a un novo accidente como o do Prestige ou o Casón”.

Agora, explicou  o deputado, temos que engadir un feito que condiciona a actividade ordinaria dentro  doutra dársena,  a do porto de Brens,  que afecta “ao futuro  das fábricas de ferroaliaxes en Cee e Dumbría, da  empresa Xeal”. 

A cobertura do servizo de practicaxe  era vital para a seguridade marítima do corredor de Fisterra e para garantir a actividade ordinaria do porto de Brens facilitando  a entrada de barcos de gran tonelaxe cargados de materia prima para Xeal á que agora temos que engadir a retirada do guindastre.

A xuízo do deputado, resulta “inconcibible” que a Xunta, “non reaccione ante a perda dun elemento que afectará gravemente  a actividade e  emprego en Xeal, ademais de reducir a actividade do porto ao mínimo e obrigando ás empresas  a alugar un servizo de guindastre para carga e descarga, co conseguinte incremento de custes comerciais.

Presunta prevaricación pola atorización da xunta para a venda de Ferroatlántica ao grupo inversor TPG-ITHAKA

Daniel Pérez criticou o cambio da Xunta tras finalizar a súa relación co empresario Villar Mir,  “unha lúa de mel” na que o porto de Brens ocupaba un lugar destacado, agora, sen embargo,   despois da venda de Ferroatlántica a un fondo norteamericano, “o porto xa nos lle interesa”. Unha venda  cualificada polo propio comité de Xeal “de opaca e fraudulenta” e que a día de hoxe, permanece xudicializada tras a denuncia do comité de empresa por “presunta prevaricación”.

Na denuncia, recalcou o nacionalista, pídese a investigación dunha “presunta prevaricación administrativa” de Ferroatlántica, o grupo inversor TPG-OTHACA, Xallas e a directora de Augas de Galiza. Ademais existe unha sentenza do ano 2020 que obriga a manter a actividade e o emprego en Cee e Dunbria para obter o aproveitamento das centrais hidroeléctricas pero  dende o ano 19 perdéronse 30 empregos directos e cada ano 80 eventuais. Que mantemento da actividade hai cando dos cinco fornos de mantemento só hai dous e  vemos como a Xunta non asume que se están incumprindo as cláusulas concesionais? preguntou.

A Xunta xa non se preocupa pola  actividade industrial da Costa da Morte, porque “xa non lle interesa”, hai anos si que lle interesaba e por iso investiu 14,5 millóns de euros no porto de Brens que na actualidade está “infrautilizado”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG