BNG denuncia as consecuencias irreversibles nas terras afectadas pola extracción de seixo de silicio pola empresa Erimsa, nos concello de Frades e Mesia

foto Mini Rivas
foto Mini Rivas

Xosé Luís Rivas afirma que as parcelas  non volverán a poder desenvolver a súa capacidade agraria aínda que lle “ inxecten nitróxeno en vea ou purín con mangueiras a presión” polo que pediu a “inmediata” paralización da autorización

Apela ao artigo 9 para reclamar a documentación solicitada polo BNG que    a Xunta continúa  sen  remitir ao Parlamento galego

 

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro, 2021. O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas, (Mini), defendeu unha proposición non de lei instando á Xunta a “paralizar a autorización” á empresa Erimsa para a extraer  seixo  de silicio, nos concellos de Frades e Mesía  e defender “as  1.160 has de terra de alto rendemento agrícola  ameazadas pola actividade mineira”.

O deputado lamentou o voto en contra do Partido popular á iniciativa  nacionalista e advertiu que, “as parcelas afectadas no volveran a poder desenvolver a súa capacidade agraria nin aínda que lle inxecten nitróxeno en vea ou purín con mangueiras a presión”.

A extracción de seixo de silicio, un proceso irreversible para as terras agrarias

Si finalmente se confirma “este deterioro irreversible”, afirmou Rivas, a Consellería de Medio Rural   non estará autorizada para falar de “sustentabilidade” porque  o concello de Frades, foi e segue sendo “un exemplo de desenvolvemento gandeiro” cunha cabana de vacún lácteo considerable e  estrutura da propiedade que contou con concentracións parcelarias e unha  riqueza agora ameazada pola actividade mineira.

Estamos a referirnos, recalcou Mini,a terras con proxectos de concentración con investimentos públicos para a súa mellora  cuxo pago da empresa  valoraba sobre    3.750 euros por hectárea,  mentres que o  volume de croio de silicio extraído, tras pasar por un  proceso  de transformación en Noruega, retornará á Galiza cun valor entre 30 e 35 millóns de euros.

Na defensa da iniciativa, o deputado do BNG explicou que no   mes de novembro, a Consellería de Medio Ambiente autorizou  á empresa Erimsa a extracción de  seixo de silicio en 1.160 has. agrícolas no concello de Frades polo procedemento de peneirado da terra coa condición de existir acordo cos propietarios e “devolvérllelas aptas novamente para uso agrícola”.          

A este  respecto, asegurou que calquera técnico na materia pode constatar  que o proceso extractivo do croio de silicio, a unha fondura media dun a dous metros, “desestrutura o solo, afecta gravemente a súa fertilidade e resulta un  proceso irreversible”.

A actividade mineira, segundo a empresa, suporá a creación de  8 novos postos de traballo, fronte aos  postos de traballo e  riqueza sostible xerada por  1.160 has. de terreo de alto rendemento agrario, contraargumentou o deputado

Deterioro produtivo e ambiental sobre 11,6 quilómetros

“Son terras altamente produtivas, con investimentos públicos en concentracións parcelarias, melloras, PAC... que tras os procesos extractivos quedarían anuladas. Falamos, dixo  do “deterioro produtivo e ambiental de 11,6 Km2 sobre unha superficie total do concello de 81 incluído monte, zonas improdutivas...

Tras todas estas explicacións, o deputado do BNG pediu á  Dirección xeral de Agricultura  que “defenda a terra agraria e deixe para outros a defensa da minería” e volveu a reclamar “paralizar de inmediato a  autorización” e que a Xunta remita a documentación solicitada polo grupo parlamentario nacionalista. “Apelamos ao artigo 9 para ver si así a Xunta cumpre coa súa obriga de remitir ao Parlamento galego, a documentación reiteradamente solicitada”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG