BNG defende na rúa a universidade pública fronte ao modelo do PP “privada e elitista”

Manifestación universidade
Manifestación universidade

Ana Pontón cualifica de “grande conquista social” a universidade pública e alerta da intención do PP para frear este modelo en beneficio de ABANCA

Critica o rescate de 9 mil millóns de euros públicos á ABANCA, ao que sumou o agasallo do Partido popular para que a entidade poña en marcha unha universidade privada

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reivindica máis apoio para a universidade pública e critica o agasallo do Partido popular á ABANCA, deseñando dende a Xunta o proxecto para a primeira universidade privada en Galiza, coa complicidade  do goberno do Estado.

Na manifestación celebrada en Santiago de Compostela,  baixo o lema “o ensino é un servizo non un privilexio”, Pontón cualificou o proxecto de universidade privadas de  “ataque deseñado polo Partido popular” dende o goberno da Xunta contra a universidade pública, “unha das grandes conquistas e avances sociais” que agora o PP quere frear. A líder do BNG afirmou que é necesario preservar para as xeracións futuras unha universidade pública fronte a un modelo “elitista e privatizado” no que os ricos poderán acceder á universidade pero os traballadores e traballadoras non poderán facelo.

Manifestación universidadeA universidade é un “gran ascensor social” que debemos preservar e neste momento o Partido popular quere cambiar este modelo. O Partido popular, engadiu quere impoñer un modelo para unha minoría e dende o BNG, reiterou, “opoñemos a este modelo”.

Durante a pandemia, explicou, Pontón ,o Partido popular tentou converter as universidades públicas nun modelo de “academia on-line” que finalmente tivo que retirar grazas á presión das universidades.

Para a portavoz do BNG, resulta especialmente “gravoso” que esta universidade sexa precisamente promovida por ABANCA, unha entidade que rescatamos con nove mil millóns de euros de cartos públicos. Ademais, recalcou, eticamente “é reprobable” que en vez de colaborar e apoiar ás  universidades públicas galegas, o Partido popular “ataque o modelo universitario galego”. Dende o BNG, afirmou, sempre defenderemos a universidade pública e esta debe ser “unha panca” para desenvolver os sectores públicos de Galiza. Lamentablemente o Partido popular está defendendo o interese dunha minoría fronte ao interese xeral, neste caso “o interese dun banco rescatado cos cartos públicos” y que agora é novamente agasallado cun proxecto de universidade pública.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG