O BNG defende no pleno a creazón dun patrimonio público de vivendas en Galiza

Cosme Pombo lembra que só no primeiro semestre deste ano houbo máis de 3.000 desafiuzamentos no País aos que hai que pór freo e garantir que o dereito á vivenda sexa un dereito real

O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Cosme Pombo, defendeu en pleno unha proposición non de lei para instar ao goberno a demandar do Estado a transferencia das vivendas situadas en Galiza e adquiridas polo SAREB, a fin de constituir un patrimonio público de vivenda en Galiza.

Cosme Pombo lembrou que só no primeiro semestre deste ano se produciron en Galiza máis de 3.000 desafiuzamentos, unha realidade “intolerábel” que está levando a unha situación social de angustia e sofrimento, con saídas extremas como a do suicidio que non se poden consentir.

Rectificar política do PP

O deputado nacionalista reiterou que todos os cidadáns teñen dereito a ter unha vivenda digna, “un dereito que no só debe figurar no papel senón que ten que ser unha realidade e para iso é fundamental ter un patrimonio de vivendas”.

Pombo considera que o PP debe corrixir a sua política de vivenda, que só favoreceu a existencia de milleiros de inmobeis baleiros, e traballar na busca de saídas ás situacións dramáticas que viven milleiros de familias por non poder facer frente ás súas hipotecas.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG