O BNG condena a desmesurada actuación da Garda Civil contra preferentistas en Mondariz

O BNG expresa a “máis enérxica das condenas pola actuación de axentes da Garda Civil contra persoas afectadas pola grande estafa das participacións preferentes que exercían esta mañá o seu dereito a manifestarse en protesta pola súa inxusta situación, aproveitando un acto do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó”.

Un grupo de apenas uns 40 afectados polas preferentes realizaban unha pacífica protesta en Mondariz Balneario, onde había unha elevada e desmesurada presenza de Garda Civil e policía autonómica. Os manifestantes foron obxecto dun trato agresivo por pate dos axentes, e sofriron a embestida dun coche non identificado que provocou algúns feridos, entre eles persoas maiores que tiveron que ser trasladados a centros de saúde.

O BNG lamenta que “as autoridades, forzos e corpos de seguridade do Estado se adiquen a amedrentar, e exercer a agresíon contra os máis débis, contra persoas que en moitos casos viven un auténtico drama por seren vítimas dun engano masivo dos poderes financeiros, e que non están a receber o amparo e a protección debido por parte dos Gobernos do PP, sexa da Xunta ou do Goberno central”.

Para o BNG “resulta inadmisíbel que a violencia se exerza desde os poderes contra cidadáns que reivindican os seus dereitos e unha solución xusta para o roubo do que foron vítimas, en lugar de ter que ver como o Goberno central, co silenzo cómprice da Xunta, aproba quitas superiores ao 41%”.

O BNG levará os feitos ao Congreso

Neste sentido, o BNG pón de manifesto que trasladará estes feitos ao Congreso dos Deputados o mesmo luns, através de iniciativas parlamentares a rexistrar pola portavoz do BNG na Cámara, Olaia Fernández Davila, para peder explicacións pola desproporcionada actuación de axentes da garda civil. Ademáis, a deputada nacionalista preguntará ao Goberno se se están a practicar escoitas ilegais a preferentistas e asociacións de afectados.

O BNG amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas e cos manifestantes que está mañá protestaban pacíficamente en Mondariz.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG