A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, mantivo unha xunta hoxe nas dependencias do Congreso co irmán (Javier Couso) do cámara de televisión, José Couso, asasinado no Iraque, coa súa nai (Maribel Permuy), ademáis do avogado que leva o proceso para esclarecer estet crimen.
A familia do xornalista asasinado expresou á deputada do BNG a súa preocupación pola intención do PP de recortar a xustiza universal como está a demostrar na proposición de lei que vai estar tarde a debate ao pleno da Cámara. Davila aseguroulles que esta iniciativa do PP contará co voto en contra do BNG.
BNG votará en contra da proposición de lei do PP para recurtar a xustiza universal
Nese sentido, a deputada nacionalsita afirmou que "o Goberno está pretendendo dar carpetazo a procesos que se están a xulgar no estado español como o do xornalista José Couso. O cal demostra o desinterese e a indiferenza do Executivo en relación a causas que afectan a cidadáns do estado español. E demostra asemade a sumisión do Executivo de Rajoy aos EE.UU".
Advirte Davila que "se prosperan as intencións do PP neste eido, quedarán paralizados todos os procesos abertos como o de José Couso". "O BNG trasladou á familia Couso a solidariedade e apoio do BNG a todas as iniciaitivas que se emprendan para parar este despropósito que deixa na total indefensión e desamparo á persoas que como os familiares de José Couso teñen dereito a un xuixo, a coñecer a verdade e a que ese crime non fique impune".
Davila rematou sinalando que "o BNG sempre estará no lado da defensa dos dereitos humanos".