As diferentes plataformas de Stop Desafiuzamentos teñen convocada unha xornada de mobilizacións para este venres, 28 de decembro, para "loitar contra a lacra social dos desafiuzamentos e denunciar o desinterese do Goberno do estado por resolver a situación das familias afectadas". As concentracións e manifestacións realizaranse nas cidades galegas e Ribeira baixo o lema Desafiuzar = asasinar.
Coas protestas, Stop Desafiuzamentos quere denunciar a lexislación hipotecaria inxusta e abusiva que antepón os dereitos de lucro das entidades financeiras ao dereito fundamental á vivenda e esixir responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca estatal, a paralización de todos os procesos de desafiuzamento, a dación en pago con efecto retroactivo e a creación dun parqué de alugueiro social das vivendas incautadas pola banca
Horarios e lugares das mobilizacións:
- A Coruña: ás 19:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.
- Santiago de Compostela: ás 20:00 horas na Praza Roxa.
- Ferrol: ás 19:00 horas na Praza Amada García (a carón da Xunta).
- Ourense: ás 19:30 horas na oficina de Novagalicia Banco da Rúa do Paseo.
- Lugo: ás 20:00 horas na Praza Maior.
- Pontevedra: ás 20:30 horas (lugar por determinar).
- Ribeira: ás 20:00 horas diante do Concello.