O portavoz de educación do BNG, Manuel Lourenzo mantivo un encontro coas AMPAS, forzas sindicais e representantes do profesorado e estudandato para avaliar a actual situación, a poucos días do comezo do curso escolar nun contexto marcado pola COVID-19.
Lourenzo trasladou á comunidade educativa o apoio do BNG as súas demandas e insistiu na necesidade de implementar medidas para garantir a volta “presencial” ás aulas “con todas as garantías e seguridade”. Neste sentido, avogou por reducir as ratios e garantir a seguridade entre alumnos e criticou “a trampa da Xunta” mantendo un metro de distancia entre os eixos das cadeiras cando os sanitarios recomendan un metro entre pupitres. É preciso, contar xa “cun protocolo claro en conciso”, sentenciou.
O deputado do BNG anunciou que o grupo parlamentario nacionalistas rexistrará novas iniciativas para reclamar medidas de seguridade nos centros escolares e reiterou que a Xunta non pode relegar a súa responsabilidade e seguir “botando balóns fóra”, nesta liña reivindicou un debate en profundidade para abordar entre outros aspectos: a optimización dos actuais recursos, a redución das ratios, habilitación de espazos, reorganización de currículos e contratación de persoal. As medidas que require a situación marcada pola Covid-19, recalcou, non poden ser “a custe cero” ni que as Ampas, profesorado e alumnado teña que elixir entre “o dereito a educación ou o dereito a saúde”.
O parlamentario reiterou a votade do BNG de “man tendida” e colaboración para a posta en marcha de propostas encamiñadas a unha solución nun momento crítico no inicio do curso escolar e o BNG, afirmou, estará sempre disposto a traballar nesta dirección.
Lourenzo cualificou de “despropósito” que a quince días do inicio de curso, o goberno central fixe o día 7 de setembro para trasladar ás comunidades as medidas que entrarán en vigor a tres días de abrir os centros escolares. A comunidade educativa, aseverou, vive unha situación de “abandono” e dende o BNG volvemos a reclamar “responsabilidade” para garantir unha volta “presencial e segura ás aulas”.