O BNG apoia a campaña BDS Galiza a favor dunha Israel sen armas nucleares

A Executiva Nacional do BNG acordou emprestar o seu apoio á campaña que desenvolve BDS Galiza (Polo Boicote, os Desinvestimentos e as Sancións a Israel), dentro da plataforma Stop Israeal Nuclear, a prol dunha Israel sen armas nucleares.

Tel Aviv vén incumprindo sistematicamente todas as resolucións de Nacións Unidas en favor da desnuclearización de Oriente Próximo e da asinatura por parte de Israel do Tratado de non Proliferación de Armas Nucleares.

O veto norteamericano

En Nacións Unidas o voto israelí, acompañado invariabelmente do veto norteamericano, álzase sistematicamente contra estas resolucións.

Aquí podes asinar unha petición dirixida ao Consello de Seguranza de Nacións Unidas para instar a Israel a que cumpra de vez a legalidade internacional.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG