O portavoz de Política Lingüística do BNG, Bieito Lobeira afirmou hoxe, en sede parlamentar, que o Goberno do Partido Popular mantén unha posición belixerante e de desprezo co idioma galego polo que de non mudar esta política, voltaremos á situación de hai 30 anos con mobilizacións sociais e a golpe de pincel e spray.
Lobeira compareceu hoxe ante os medios de comunicación para presentar a moción nacionalista que será debatida proximamente no Parlamento galego destinada ao cumprimento do Plano Xeral de normalización.
Última oportunidade para o PP
O nacionalista afirmou que esta é a última oportunidade que ten o Partido Popular para rectificar a súa política nesta materia e engadiu que de non producirse un acordo na Moción, o BNG romperá calquera tipo de acordo ou interlocución co PP.
Neste sentido, engadiu que, nós non imos ficar sós na defensa duns acordos que sistematicamente son desprezados polo Goberno e reiterou que de darse esta circunstancia, voltaremos á situación previa ao ano 2004 para restituír a lingua galega alá onde quede excluída.
O BNG romperá calquera tipo de acordo ou interlocución co PP de non mudar este a súa política contra o galego
O parlamentar tamén se referiu ao título do poema de Rosalía de Castro A xustiza pola man para responder a un modelo que o Partido Popular pretende impoñer como acontece coa nova sinalización turística que a todas luces vulnera a toponimia galega, rexeitamos este modelo e responderemos para que non se aplique
Hipocrisía do PP no Día das letras galegas
Arremeteu contra o que denominou hipocrisía do Partido popular pola que o Presidente da Xunta acomplexado pola súa condición de galego reconverterase nun galeguista o 17 de maio, Día das letras galegas pero pasado mañá, dixo, Feijóo e o Goberno galego renegarán do seu idioma.
Para Lobeira, o Presidente Feijoo derramará mañá bágoas de crocodilo ao referirse a Valentín Paz Andrade pero despois, seguirá combatendo día a día a lingua galega.
Feijoó derramará bágoas de crocodilo o 17 de Maio, pero pasado mañá renegará do seu idioma
O nacionalista reclamou a necesidade de restituír o galego e manifestou que e o obxecto da Moción presentada hoxe persegue que o Partido popular levante o veto a lingua galega, posto en marcha dende que Feijoo accedeu ao Goberno.
Cumprir a legalidade en materia lingüística
Lobeira concluíu a súa comparecencia reiterando parte dos puntos incluídos no texto entre os que destacou: o uso da lingua galega ns súa forma escrita e oral no desempeño da responsabilidade pública dos conselleiros e conselleiras, cargos públicos, sociedades e institucións análogas, garantir o uso oficial da toponimia galega, restituír a dobraxe ao galego na programación infantil, derrogar o Decreto do Plurilingüismo e cumprir o establecido no Plano Xeral de Normalización da lingua galega.
http://youtu.be/6ofSK8MLjHQ