parlamento galego

BNG alerta do “efecto chamada” do anuncio da moratoria do eucalipto e falta de control en plantacións ilegais

Mini Rivas e María Albert
Mini Rivas e María Albert
Para os  deputados, María Albert e Xosé Luís Rivas,  o anuncio da moratoria constata a falta de proxecto da Xunta para o rural e racha coa redución da superficie de eucalipto do 3% a 20 anos

O BNG aposta por  un Plan Integral para a  superficie agraria como modelo de desenvolvemento rural, paralizar as plantacións ilegais de eucalipto e unha lei para o seu control 

Os deputados do BNG, María Albert e Xosé Luís Rivas alertaron do “efecto chamada” tras o anuncio da moratoria que está a preparar a Xunta de Galiza sobre o eucalipto.

Albert afirmou que a Xunta non conta cun modelo para o rural galego máis alá das directrices que marcan as propias empresas e  resígnase a un liderado marcado dende as cidades.

Para a parlamentaria, a consellería de Medio Rural reacciona a “golpes de efecto de prensa” pero sen medidas con incidencia real. Este anuncio de moratoria, dixo, implica “inseguridade xurídica” sobre a xestión  das masas forestais por parte dos propietarios e propietarias ao que sumou  propiedades de terra forestal. Esta inseguridade provocou “un efecto chamada” e a axilización de plantación de eucalipto ante a nova norma que prohibirá a plantación nas súas parcelas.

Ademais, a nacionalista cualificou o anuncio de “manobra de distracción”, para desviar a redución do eucalipto  recollida no Plan forestal pero, na súa opinión   cumpre unha dobre función. Por unha banda, tenta calmar aos sectores máis concienciados ecoloxicamente preocupados pola expansión sen control desta especie e a idea de paralizar as plantación crea “unha urxencia” para plantar novas superficies.

Dende o BNG alertamos dende hai tempo das plantacións ilegais en parcelas de frondosas, espazos naturais protexidos e zonas agrarias sen detectar “ningún control dende a administración” pública”. Neste sentido, afeou que “ningún responsable político da consellería de Medio Rural aparecerá publicamente para anunciar medidas ao respecto”. Para a deputada, o proceder de Medio Rural constata unha “certa conivencia” da consellaría coas plantacións ilegais. Non están anunciando unha moratoria, sentenciou,  o que están conseguindo en un novo “boom” de plantacións de eucalipto para resituarse en Galiza antes da aprobación da devandita moratoria xa anunciada como cebo no debate do Plan forestal. Albert reiterou que non se está a producir unha limitación das superficies de eucalipto é “unha ampliación das mesmas”.

Pola súa parte, Xosé Luís Rivas (Mini) afirmou que o eucalipto ten o seu papel pero non debe ser “o único” factor de desenvolvemento para o rural. O deputado recalcou a necesidade de apostar polo carácter multifuncional e diverso  do monte máis alá das plantacións de eucalipto.

En Galiza xa non hai plantas de eucaliptos  para plantar

Rivas considerou que o Plan Forestal debe contar cun inventario que polo momento, “está no aire”, sen embargo, explicou, Medio Rural utilizou como escusa a falta dese inventario e  buscar o consenso do sector para  finalmente anunciar a  moratoria con carácter transitorio até o 31 de decembro do 2025. Ao día seguinte de plantexar esta oferta á oposición foi difundido “a bombo e platillo” un anuncio en todos os medios de comunicación. Foi “un engano” e a moratoria converte a Galiza nun frenesí  de corta de piñeiros e eucaliptos para volver a replantar ante o medo a non poder facelo.

Mini afirmou que detrás da operación da moratoria do eucalipto está a pasteira “ENCE” que continua presionando cara un modelo de forestación que dende o BNG, afirmou consideramos contrario aos intereses do país.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG