Ou outro banco central ou soberanía monetaria

Ou se revisa en profundidade o papel do Banco Central Europeu ou haberá que estudar a serio a recuperación da soberanía monetaria dos Estados. Esas son as dúas opcións que hoxe puxo Guillerme sobre a mesa para frear a imparábel escalada da prima de risco, en máximos históricos e que esta mesma mañá chegou a superar a barreira dos 500 pontos.

“Só hai dúas opcións: ou se revisa o papel do Banco Central Europeo para ser un banco dos Estados membros e non dos bancos ou habería que plantexarse recuperar a soberanía monetaria dos Estados”, dixo o líder do BNG.

Guillerme presentou hoxe en Ourense a proposta do BNG de crear unha Banca Pública Galegas a representantes económicos e sociais da cidade, un acto no que, o portavoz nacional asegurou, “houbo unha gran receptividade á nosa proposta”.

O portavoz nacional do BNG subliñou que “nun momento de grave crise como actual esta é unha das propostas necesarias para saír deste calexón sen saída na que nos manteñen os gobernos da UE, de Rajoy e de Feijoo”.

“O Banco Central Europeo alimenta a burbulla da débeda pública”

Neste sentido, asegurou que “ou se modifica xa o papel do Banco Central Europeo para que empece a ser un banco central de verdade e non un banco ao servizo da especulación coa débeda pública, ou inevitabelmente haberá que abrir o debate sobre a recuperación da soberanía monetaria”.

O que non podemos é seguir así

E é que para o líder nacionalista “o que non podemos é seguir así”. Por iso defendeu que “hai que cambiar xa o papel do BCE: ten que ser un banco central dos Estados e non dedicarse e fomentar a burbulla da débeda pública”.

 “É unha evidencia que as políticas da dereita fracasaron”

Guillerme lembrou que “en maio de 2010, cando o goberno de Zapatero deu un xiro á súa política coas primeiras medidas de recortes sociais, a débeda do Estado español estaba nos 130 puntos básicos e esta mañá, despois de todas as axudas á banca privada e ás medidas de recortes de Rajoy, está case que nos 510 puntos”.

Banca Pública Galega como alternativa ás políticas fracasadas da dereita

Por iso, afirmou que ”é unha evidencia que as políticas de dereita fracasaron, e hai que cambiar o rumbo tanto en materia económica como financeira, creando por exemplo unha Banca Pública Galega”.

http://youtu.be/fsVL52wulAI

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG