O Barco de Valdeorras contará, a partir de hoxe, cunha nova sede do Bloque Nacionalista Galego. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón asistirá a inauguración que terá lugar as 20hs na rúa Manuel Quiroga nº 1 (Antigo Catro Camiños) no que tamén participarán a deputada por Ourense, Noa Presas e o portavoz comarcal, Xesús Vilasanchez.
Ana Pontón manifesta a súa confianza no traballo dos militantes e simpatizantes do Barco de Valdeorras ao que sumou a participación da cidadanía para acadar nas vindeiras eleccións municipais un concello que permita a todos os veciños e veciñas vivir nun lugar máis “habitable, máis xusto e mellor” e sen as políticas regresivas do Partido popular.
Para a nacionalista, a nova sede no Barco de Valdeorras será un lugar de encontro para militantes e simpatizantes, “un lugar de diálogo, de posta en común de ideas e un espazo para compartir iniciativas que melloren o concello”.
Pero, sobre todo, engadiu Pontón, “queremos que sexa un lugar de encontro coa veciñanza, eu unha casa común para todas. E estou convencida de que, moi pronto, esta sede que estreamos hoxe, será ese lugar de referencia” .
Para nós, dixo Pontón, é moi importante contar con todos e todas vós, porque sen a vosa colaboración o BNG non existiría como proxecto. Necesitamos de todas as mans porque hai moito por facer, mesmo para manter eses dereitos que tanto custaron e que pensábamos estaban conquistados para sempre.
Dereitos como a saúde, a educación, a vivenda, o traballo, o dereito a unha sociedade libre de violencia machista, o dereito a unha vellez digna tras unha vida de traballo, Todo iso que dábamos por feito, “segue en grave risco e está ben lonxe de ser unha realidade, como o dereito das mulleres a vivir sen medo”.
Creo que o BNG é máis necesario que nunca: “Unha forza política coa cabeza e o corazón neste país e neste concello, unha forza política cunha longa historia de loita e traballo en defensa dos intereses dos galegos e das galegas”.
Podemos dicir, -con humildade pero con orgullo-, que o BNG estivo, está e estará na defensa de todas aquelas demandas que afectaron ao Barco: Desde as infraestruturas, ao solo empresarial; desde a rehabilitación urbana, á dotación de equipamentos sociais; desde a defensa do emprego ao comercio local, desde a defensa da nosa lingua, a nosa cultura ....
Pero queda moito por facer. “Temos que seguir plantándolle cara aos recortes do PP, ao acoso e derribo á sanidade pública, ao empeño de facer da saúde un negocio”. Protexer a Educación pública, para que sexa de calidade e universal, a que teñan acceso todos e todas, tamén os fillos e fillas das familias traballadoras. Temos que seguir traballando para que a mocidade deixe de emigrar e para que os nosos maiores teñan a atención que se merecen.
Dende o BNG imos conseguir un Barco de Valdeorras dinámico, cheo de vida, ilusionante, que confíe nas súas posibilidades, un lugar con futuro. E todo isto é o que pretendemos impulsar desde esta nova sede, un espazo para organizar actos, conferencias, encontros e tamén, por que non, Festas!
E falando de festas, vou rematando para que podamos tomar o viño de inauguración nunha terra na que o viño, despois das persoas, e a súa mellor carta de presentación.
Pero permitídeme que antes vós lembre o reto que temos por diante, porque este vai ser un ano moi intenso de traballo, de cara a cita das eleccións municipais de 2019. Por iso queremos encher esta sede de militantes, de simpatizantes e, sobre todo, de veciños e veciñas con ganas de cambiar as cousas, convencidas de que un Barco de Valdeorras mellor, é posible! Este concello, ao igual que o BNG, está cheo dese tipo de persoas, dispostas a traballar por un Barco mellor para todos e todas.
E agora si, imos con ese viño que colocou ao Barco de Valdeorras como unha das comarcas máis destacadas pola produción e calidade dos sus caldos e que leva recolleitado varios premios internacionais de especialistas europeos.