Municipais 2023

Ana Pontón proclama que Allariz seguirá sendo un referente absoluto en calidade de vida baixo o liderado de Cristina Cid

Acto Allariz
Acto Allariz
Pide encher as urnas de votos BNG para derrotar ao “caciquismo 2.0” do PP en Ourense, “porque o 28M tamén vai de rexeneración democrática”

A portavoz nacional, Ana Pontón, estivo no mitin da Allariz para acompañar á actual alcaldesa e candidata á reelección, Cristina Cid, no concello emblema do modelo municipal de éxito do BNG, “referente absoluto de calidade de vida, de boa xestión, de transparencia, de servizos públicos, un concello sustentable e saudable, exemplo de dinamismo económico, social e cultural”, proclamou.

Pontón destacou a capacidade de Cid, “que seguirá sendo a mellor alcaldesa de Allariz despois do 28M”, subliñando a súa cercanía, solvencia e rigor para continuar construíndo un concello que é referente en toda Galiza. “Cristina é unha alcaldesa que sabe moi ben o que se trae entre mans e, sobre todo, é unha inconformista, porque cando se trata de Allariz sempre quere máis, máis por vir para este concello e a súa veciñanza”.

De cara á cita electoral, destacou que a súa forza política “non se pon límites cando se trata de mellorar a vida dos e das galegas desde os municipios, e por iso queremos máis BNG nos concellos a partir do 28 de Maio, en cada vila, en cada cidade”, recalcou. Pontón apelou ao aval do modelo municipal de éxito, que pon en marcha concellos que avanzan desde a confianza nas propias forzas e no enorme potencial do País, tamén en Ourense, onde instou “a superar o caciquismo 2.0 co que o PP está afogando esta provincia”, destacou

Acto Allariz
Acto Allariz

Neste sentido, fixo un chamamento á participación e á mobilización masiva de cara ao 28M, pedindo encher as urnas de votos ao BNG como mellor antídoto contra o “caciquismo 2.0” dun Partido Popular presidido por Baltar, “un señor que vai en coche oficial un domingo a Madrid non sabemos a qué a 215 quilómetros convertido nun perigo público e Rueda e Feijóo mirando para outro lado”.

“O 28 de maio tamén vai diso, de rexenerar a política, de democracia, porque non podemos aceptar que haxa quen actúe como se as institucións fosen súas. É o momento de participar e de reivindicar a política con maiúsculas, porque é a ferramenta que temos a xente do común para construír unha sociedade mellor”, destacou.

Pontón pediu o voto para o BNG a todas as persoas “que levan Galiza na cabeza e no corazón, o voto de todas as persoas que queren máis para o seus concellos e pensan que se pode vivir mellor en todos e cada un deles”.

Pontón concluíu instando a aproveitar ao máximo esta campaña, “en Allariz simplemente convidemos a percorrer o concello, porque cada praza, cada servizo público que ofrece, cada lugar recuperado, humanizado, urbanizado, cada recuncho do Arnoia saneado, cada rúa chea de dinamismo e o exemplo máis contundente do que supón o modelo municipal do BNG”, argumentou.

Un modelo que o Bloque quere estender por toda Galiza, “e por iso pido o apoio da veciñanza porque Cristina co seu equipo e man a man coa veciñanza de Allariz son a combinación infalible para que este concello siga a ser o que é: un lugar para vivir e para soñar”,concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG