Ana Pontón: “Non se pode obrigar a pagar á cidadanía por ler”

O BNG rexeita a decisión do Goberno do Estado español para aplicar un canon ás bibliotecas e museos polo préstamo de libros e arquivos

Ana Pontón e Goretti Sanmartín ante os medios de comunicación

A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón e a responsábel de Política Municipal, Goretti Sanmatín presentaron hoxe, ante os medios de comunicación, unha batería de iniciativas presentadas no Parlamento galego e Congreso dos deputados contra o Decreto do Goberno do Estado español sobre a obrigatoriedade do pago dun canon a bibliotecas polo préstamo de libros.

A parlamentaria anunciou que o BNG instará á Xunta de Galiza a establecer “unha normativa propia” que exima deste pago ás bibliotecas públicas por libro prestado e usuario/a.

Partidas de apoio para libros nos orzamentos do ano 2015

Asemade, a Proposición non de lei nacionalista inclúe incrementar os fondos para compra de libros, cunha cantidade semente á recollida no nos orzamentos do ano 2009 e singularmente con partidas para apoiar o libro galego. Agardamos, dixo, que “os orzamentos do 2015 recollan esta proposta”.

A parlamentaria manifestou que “non se pode obrigar a pagar á cidadanía por ler” polo que reclamou “unha política real ás bibliotecas públicas” e a suspensión do canon.Goreti

O canon, afirmou, é unha medida que “limita o dereito universal de acceso á cultura” e sobre todo para as persoas con menos recursos económicos. No caso de Galiza, engadiu, rexístranse uns índices moi baixos de lectura, “cun 53,3% de persoas que leron algún libro no último ano fronte a media estatal situada no 58,7%” o que demostra que a metade dos galegos non leron ningún libro ao longo do ano. Para a nacionalista, estas cifras do Consello da Cultura galega deben ser “motivo de preocupación do Goberno”.

Ana Pontón tamén denunciou que a aplicación do canon “colide coas competencias exclusivas galegas” a respecto da regulación do fomento da cultura.

Campaña social do BNG contra o canon á bibliotecas

Pola súa parte, a responsábel de Política Municipal do BNG, Goretti Sanmartín anunciou unha campaña social contra o canon bibliotecario decretado polo Goberno do Estado español en pleno período vacacional coa intención de “frear a resposta social”.

Moitos concellos galegos, lembrou , levan anos co lema “Pan e libros” e o Partido popular sabe que “un pobo que le, é un pobo crítico e con capacidade de analizar a realidade” de aí, que o Partido popular impoña un canon que atenta contra a “especificidade concretamente do territorio galego”. A nosa dispersión poboacional fai “fundamental a rede de bibliotecas” que ademais son lugares de dinamización cultural.3

O canon obrigará ás bibliotecas a reducir os seus fondos pola imposibilidade de asumir o pago e contra isto, dixo, o BNG, presentará unha moción en todos os concellos galegos de oposición ademais de iniciar unha “campaña social” de explicación das consecuencias do decreto do canon.

Repulsa do BNG contra outro asasinato machista

Ana Pontón lamentou a “nova vítima de violencia machista” rexistrado hoxe en Granada. A deputada cualificou o feito de “noticia dramática” e insistiu na necesidade de actuar en todas as vertentes poñpendo en marcha todas as medidas necesarias para que “as mulleres non teñan que seguir soportando violencia”.

Hai moito traballo por facer e as actuacións da Xunta de do Goberno do Estado, “parece que camiñan en dirección contraria” en lugar de defender con rotundidade a “igualdade dos dereitos das mulleres”.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG