Día da Galiza Mártir

Ana Pontón: “A grande vitoria de Bóveda e a súa xeración é a existencia dun forte movemento nacionalista en Galiza”

Homenaxe Alexandre Bóveda
Homenaxe Alexandre Bóveda (2019)
A líder do BNG destaca a figura e obra de Alexandre Bóveda, asasinado polo fascismo  o 17 de agosto hai 84 anos, e recalca  que o seu legado continúa vixente e con máis forza despois das últimas eleccións
Na conmemoración do Día da Galiza Mártir, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón destaca o legado e figura  de Alexandre Bóveda, asinado  polo fascismo o 17 de agosto de  1936.  A grande vitoria de Bóveda, afirma a líder do BNG, “é a existencia dun  forte movemento nacionalista galego” como constataron  as últimas eleccións celebradas en Galiza.

O BNG, explica Pontón representa o nacionalismo do século XXI co legado da tradición do Partido galeguista que defendía un futuro digno para todos os galegos e galegas. Pontón lembra que o BNG rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para aprobar que o 17 de agosto sexa declarado Día da Galiza Mártir co fin de honrar a Alexandre Bóveda e a todas as vítimas do franquismo. É necesario, reitera a nacionalista,  “institucionalizar esta data”, así como desenvolver activades dirixidas ao coñecemento da obra de Alexandre Bóveda e da súa xeración. “Necesitamos recuperar esa memoria histórica para que non se reproduzan erros do pasado” e  nun momento no que a extrema dereita está experimentando un auxe non podemos permitir que “a historia se repita”.

Dende o BNG, reclamamos “a rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda, a anulación da sentencia que o condenou á morte  e todas as sentenzas ditadas na ditadura contra cidadáns galegas por motivos políticos, ideolóxicos, raza, identidade e diversidade sexual”.

A memoria de Bóveda “continúa viva” así como a reivindicación para que esta data non sexa esquecida. “Non podemos esquecer ás persoas que deron a súa vida por defender Galiza e a  democracia”.

Dende o BNG, anunciou Pontón  continuaremos  nesta liña para darlle unha alternativa a este país, sumando cada día a máis galegos e galegas que queren construír unha Galiza con futuro e que saben que a única maneira de conseguilo é cun BNG liderando o goberno da Xunta. “Ese é o noso reto e nesa dirección imos traballar dando o mellor de nos mesmos, de nos mesmas, para facer realidade algo tan revolucionario como que Galiza teña, por fin, un goberno coas mans libres e sen máis obxectivo que deixarse a pel na defensa dos intereses dos e das galegas, para facer posible unha Galiza na os soños se cumpran”.

Somos a única forza política capaz de facelo posible, porque se queremos un país con futuro, con capacidade para autogobernarse, necesitamos partidos libres e o único partido libre en Galiza chámase BNG. Non temos as mans atadas pola estratexia que marcan desde Madrid, nin polo nefasto centralismo contra o que xa advertía Bóveda.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG