Para Pontón é un síntoma de que o BNG está facendo un bo traballo político a favor da veciñanza da cidade das Burgas, para ser alternativa ao desgoberno que representa o binomio PP-DO, e responsabiliza ao presidente da Xunta de ser o máximo responsable da “esperpéntica” situación que vive a terceira cidade do País permitindo que siga co bastón de mando un rexedor que o propio Feixóo definiu como “letal” pese a que hai alternativas.
A expulsión é “intolerable” e demostra que o BNG “está facendo ben as cousas, que somos a alternativa fronte ao desgoberno” que soporta a cidadanía de Ourense, destaca.
“Pero o verdadeiro responsable do esperpento e do despropósito que se vive en Ourense é Feixóo, pois habendo unha alternativa para deixar atrás a parálise e o desgoberno municipal, prefire poñer por diante os seus intereses partidistas permitindo que siga un alcalde que o propio presidente da Xunta definiu como letal. É certo, hoxe hai en Ourense un goberno letal que pagan os veciños e as veciñas e o último responsable e o señor Feixóo que prefire poñer por diante os intereses do PP porque que lle da igual a situación que soporte unha cidade tan importante como Ourense”, concluíu.