No día de reflexión, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e a candidata á alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartin comezaron a xornada participando nun almorzo con amizades e membros da candidatura de Santiago.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fixo un chamamento á cidadanía galega a participar activamente o vindeiro domingo, 28 de maio para "elixir os mellores gobernos municipais".
No día de reflexión, tras unha intensa campaña que Pontón cualificou de "ilusionante", a nacionalista incidiu na importancia "dunha grande participación dos veciños e veciñas" porque é a cidadanía a que ten o poder de decidir nas eleccións. Canta máis participación, dixo, "mellor lle irá a Galiza". Neste sentido, animou a todas as persoas a participar e aquelas que aínda non decidiran o seu voto, hoxe é o día para decidilo.
Pontón asegurou que a participación é "a esencia da democracia" e agarda un domingo cunha gran participación para que os galegos e galegas se expresen nas urnas.
Pontón, pasará a xornada de reflexión participando coa súa filla e familia na excursión para país, nais e crianzas organizada pola escola infantil a que acode a súa filla.
Pola súa parte, Goretti Sanmartín tamén fixo un chamamento a que a xente reflexione "porque todos os votos son decisivos é é moi importante que as elecións sexan para conformar, a partir do 28 de maio, o mellor goberno para Santiago de Compostela".