Día da Galiza Mártir

Ana Pontón destaca destaca a figura de Alexandre Bóveda e pide restituír a memoria das vítimas do Franquismo

Día da Galiza Mártir 2018
Día da Galiza Mártir 2018

A portavoz nacionalista critica a “pasividade” de Pedro Sánchez na devolución dos bens espoliados en Galiza durante o franquismo e pide dar pasos adiante para a súa devolución

No acto institucional, organizado polo concello de Poio, ante o monumento en memoria de Alexandre Bóveda en A Caeira, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón destacou a figura do político  galeguista asasinado durante o franquismo como “un galego exemplar” asasinado polo seu amor a Galiza. Coa súa figura queremos reivindicar a todas as vítimas do franquismo e do  fascismo que aínda hoxe non recibiron “xustiza e reparación”, manifestou.

Para o BNG, recalcou Pontón, a restitución das vítimas do franquismo segue sendo “unha materia pendente” e fixo fincapé en que  as políticas do esquecemento,  son   “cómplices do franquismo”. Dende o BNG, afirmou, temos o compromiso de manter viva a memoria e a reparación de todas as vítimas, só así daremos un paso adiante para converter a democracia nunha verdadeira democracia real e forte.

Ante o monumento en memoria de  Alexandre Bóveda, Pontón reclamou “unha axenda galega de recuperación da memoria histórica” para poñer “punto final” á impunidade dos crimes do franquismo e demandou “anular todos os xuízos sumarísimos”, comezando polo do propio Alexandre Bóveda.

Por outra parte, Pontón volveu a reclamar a declaración oficial e “por lei” do 17 de Agosto, DÍA DA GALIZA MÁRTIR.

Día da Galiza Mártir 2018O BNG PIDE A PEDRO SÁNCHEZ QUE ABANDONE A PASIVIDADE  E SEXAN DEVOLTOS  A GALIZA OS BENS ROUBADOS POLO FRANQUISMO

A portavoz do BNG salientou que moitos dos bens espoliados durante a ditadura seguen na actualidade en mans da familia Franco e acusou a Pedro Sánchez de “non avanzar para a devolución destes bens”. Xa pasaron 100 días no goberno do Estado,  e Pedro Sánchez, manifestou Pontón, debe abandonar “a súa pasividade” e dar pasos firmes para que sexan devoltos a Galiza os bens roubados durante o franquismo.

O Pazo de Meirás, a Casa de Cornide e as estatuas do Pórtico da Gloria deben ser devoltos ao seu lexitimo propietario, o pobo galego, sen embargo constatamos que mentres a familia Franco impide esta devolución “19 persoas serán xulgadas” proximamente por colocar unha pancarta durante un acto democrático e reivindicativo. “Van ser xulgadas mentres a Familia Franco segue usurpando un ben público”, concluíu.

O acto para lembrar a figura de Alexandre Bóveda contou coas intervencións da concelleira de cultura  do BNG en Poio, Lidia Salgueiro,  representantes  da Fundación e Familia de Alexandre Bóveda,  membros de “19 de Meirás” que serán xulgados por participar nun  acto democrático para reivindicar a devolución do Pazo e do alcalde nacionalista no concello de  Poio, Luciano Sobral.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG