Galegas 2020

Ana Pontón destaca en Allariz o emprendemento de pequenas empresas para impulsar o medio rural

Visita Allariz
Visita Allariz

A candidata á presidencia da Xunta fai un chamamento para poñer en marcha as políticas transformadoras do BNG o 5 de abril

Aposta por políticas para recuperar o impulso perdido tras “unha década negra de gobernos do PP” dotando o medio rural de máis recursos e servizos, crear emprego e fixar poboación 

A portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta de Galiza aposta por poñer en valor os produtos autóctonos e recuperar espazos abandonados para crear  emprego.

Na visita á empresa transformadora  Castañas Petelo no concello de Allariz, Pontón afirmou que o BNG defenderá políticas destinadas a potenciar o medio rural e recuperar o impulso perdido tras “unha década negra dos gobernos do Partido popular”.

Cando se confía nas potencialidades do noso país, explicou a líder do BNG,  hai alternativas que permiten crear emprego e isto, recalcou, non pasa por casualidade. “En Allariz temos un claro exemplo de que o rural ten futuro coas políticas transformadoras do BNG fronte a un Partido popular que nos deixa unha Galiza con menos servizos, menos recursos e unha poboación máis envellecida”. Pontón defendeu “o modelo do BNG de Allariz” e asegurou que outro rural é posible cando se recupera a actividade agraria e son transformados  os  nosos produtos.

O vindeiro cinco de abril, dixo Pontón, o BNG ofrece a todos os galegos e galegas “unha aposta clara para poñer a producir o noso medio rural e non caer no abandono ao que nos conducen as políticas do Partido popular”. Hai futuro se o BNG ten a posibilidade de desenvolver proxecto como o que hoxe visitamos en Allariz e confiou en “todo o potencial e capacidade de Galiza para conseguilo”. Non podemos deixar “esmorecer” o noso medio rural porque é unha forma de vida e podermos recuperar o seu futuro recuperando a produción e o  “selo de calidade” dos produtos galegos.

Pontón comprometeuse a levar adiante políticas para recuperar o impulso  perdido durante a década negra dos gobernos do Partido popular polo que fixo un chamamento a todos os galegos e galegas para conseguir o vindeiro cinco de abril o “cambio real” que representa o BNG e acadar un tempo novo en Galiza.

Petelo Castaña (Allariz)Noa Presas critica “as aldeas modelo e de escaparate” do Partido popular

Pola súa parte, Noa Presas,  proposta pola Executiva nacional como cabeza de lista por Ourense, reiterou que o modelo de Allariz é un exemplo fronte o “deserto” no que está convertendo o Partido popular á provincia de Ourense, e por extensión ao resto de Galiza. Dende o BNG, dixo, “apostamos polo noso” porque isto é posible en Ourense e no resto do país para crear expectativas de crecemento a través da transformación do sector primario, xerando valor engadido e con políticas alternativas ás políticas “esgotadas” do Partido popular.

Noa Presas rexeitou as políticas  natalistas e fracasadas do Partido popular con “aldeas modelo e  de escaparate” que non serven para fixar poboación, xerar emprego e garantir o futuro do noso país.

A complicidade e apoio dun goberno nacionalista como o de Allariz a pequenas empresas como a Castañas Petelo “dan coa receita necesaria para construír outro futuro para Galiza”.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG