A preguntas dos xornalistas sobre a xuntanza do Partido popular onte en Madrid, a portavoz do BNG cualificou de “cita gastronómica” unha reunión da que só podemos deducir que o relato do PP volve a repetirse. Din que non hai quita e iso lémbrame cando falaban de “reestruturación da débeda” ou que “os recortes eran axustes”, pois ben, agora estamos ante un debate importantísimo e Feixóo, unha vez máis, segue “deixando a Galiza fora de xogo”.
O presidente da Xunta debe explicar porque imos estar fora desa reestruturación da débeda e canto nos vai costar aos galegos e galegas. Feixóo tomou a decisión dun “financiamento a través da banca en vez de recorrer ao recursos públicos”. Mestres outras comunidades estarán cun maior desafogo económico, “Galiza pagará máis débeda”. Dende o BNG reclamamos “unha compensación polo infrafinanzamento dos nosos servizos públicos e esixirlle responsabilidades a Feixóo por obrigarnos a pagar máis débeda.