“Desde o BNG sempre pensamos que a investigación, a I+D+i, é clave para darlle futuro ao país pero neste contexto é simplemente imprescindible, primeiro porque a ciencia salva vidas, e cando aínda estamos no medio dunha pandemia e outras que poden vir, nada hai máis urxente que salvar vidas apostando pola investigación científica. Por que non unha vacina contra o coronavirus de autoría galega?”, se preguntou e, segundo, “porque investir en I+D+i é o mellor salvoconduto para xerar riqueza, favorecer unha economía competitiva e con empregos dignos, sobre todo ante unha crise económica sen precedentes”.
Pese a que a investigación é máis urxente que nunca, o presidente da Xunta ben de presentar un suposto plan de reactivación que non inclúe unha liña sobre a I+D+i, sen mención algunha a que debía ser peza mestra para a reconstrución económica e social, criticou.
Por contra, indicou, o Bloque fara desta unha prioridade de país: “o meu compromiso é que un Goberno liderado polo BNG colocará a investigación científica como unha prioridade de país, o goberno que aspiro a liderar faría unha aposta para que haxa unha estreita conexión entre a investigación e as necesidades do país, e para incentivar a transferencia de coñecemento ao tecido produtivo”, salientou.
Un apoio que a formación nacionalista traslada ao seu propaganda de goberno en apoio económico “porque sen orzamentos calquera loa da investigación é pura retórica” e, neste sentido, as propostas do Bloque van nunha dobre dirección: recursos e estabilidade laboral na investigación científica e tecnolóxica.
Asi, o BNG propón duplicar o investimento público destinado á investigación en catro anos para acadar o nivel dos países do noso entorno, tendo en conta que a media europea a investigación de desenvolvemento é do 2,5% do PIB. Once anos de Goberno de Feixóo deixaron o investimento por debaixo do 1% do PIB. Igualmente, destinar a ciencia o 3% dos orzamentos anuais da Xunta e reclamar a xestión desde Galiza de todos os fondos de investigación que procedan da Unión Europea e que correspondan ao noso país.
Plan retorna e plan de captación de talento
En relación á segunda liña de actuación, a estabilidade laboral as propostas pasan por definir a carreira profesional investigadora que debe contar co seu propio estatuto que recolla dereitos e deberes; un plan retorna para recuperar o talento emigrado por falta de oportunidades ou por condicións laborais pésimas; e un programa de retención e captación de talento, (Innogal) como xa teñen outros territorios como Euskadi ou Catalunya con grandes resultados.
“Se queremos apoiar a investigación científica máis alá da retórica hai que darlle condicións laborais estables e de calidade ao persoal, non se pode esperar unha ciencia de calidade, con precariedade, con temporalidade e con baixos salarios, porque de amor a ciencia non se vive”, alegou Pontón.
Na visita a candidata á Presidencia estivo acompañada de Carlos Diéguez, director do CIMUS; Vicente Pérez Muñuzuri, vicerreitor de investigación da USC e investigadoras e investigadores de referencia como José Manuel Castro Tubío, Mabel Loza e Rubén Nogueiras, nunha visita na que tamén estivo o cabeza de lista por Coruña, Xosé Luís Rivas e a portavoz municipal, Goretti Sanmartín.
A muller na ciencia
Pontón aproveitou a visita para facer fincapé na importancia de fomentar e promover a participación das mulleres na ciencia e na investigación, con medidas que aposten pola igualdade real tamén neste ámbito, impulsando medidas que poñan fin á discriminación salarial, a menor valoración dos seus currículos, aou ao feito de que vexan penalizadas as súas carreiras se deciden ser nais.