Ana Pontón amonestada por Pilar Rojo por acusar de "corrupto" a Núñez Feijoo

A Presidenta do Parlamento chama a orde á deputada nacionalista por acusar ao Presidente da Xunta de "corrupto" tras explicar que a "mentira tamén é corrupción" e Núñez Feijoo mentiu na Cámara galega sobre o "amparo" do BNG ao exdeputado Fernando Blanco.

A deputada Ana Pontón foi hoxe chamada a orde pola Presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, na sesión da mañá celebrada no Parlamento, tras cualificar de “corrupto” ao Presidente da Xunta de Galiza.

No debate dunha emenda do BNG á Proposición non de lei sobre a rebaixa de tarifas nas peaxes da AP-9 defendida por AGE, a parlamentaria do BNG aludiu ás declaracións do Presidente da Xunta sobre o exdeputado nacionalista Fernando Blanco nas que Feijoo criticou o “amparo” desta forza política trala súa imputación na “Operación Campión”.

Ana Pontón aclarou que o exdeputado do BNG “dimitiu” antes de seren imputado polo que solicitou “unha rectificación” das manifestacións de Núñez Feijoo porque “en política non vale todo, dixo, e “a mentira tamén é corrupción” e “Feijoo é un corrupto”, afirmou.

Tras esta acusación, a Presidenta do Parlamento, Pilar Rojo chamou a orde a deputada nacionalista e pediulle que retirara a acusación, “se non a retira vostede, fareino eu” do diaria de sesións anunciou Rojo ao que Ana Pontón respondeu recriminando a falta de rigor da Presidencia á hora de velar polo respecto dos e das tod@as en alusión a “mentira” verquida no Parlamento contra Fernando Blanco.

Pontón reiterou que a mentira é corrupción e “si Feijoo minte é un corrupto” e non se mostrou disposta a retirar ningunha das súas palabras.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG