parlamento europeo

Ana Miranda reclama a dimisión de Von der Layen por non exercer a mediación para acadar a paz en Palestina

A eurodeputada do Bloque critica que a presidenta da Comisión Europea se preocupe máis por izar a bandeira de Israel que por impedir o xenocidio en Gaza

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclamou hoxe no pleno da Eurocámara a dimisión da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Layen, por non exercer a mediación e a neutralidade que se corresponde polo seu cargo para acadar a paz en Palestina e ademais ser cómplice do xenocidio e limpeza étnica que Israel está levando a cabo na franxa de Gaza. “Non queremos máis mortes de ningunha nacionalidade”, recalcou.

“Europa está en silencio hacia Gaza, preocúpase máis de izar a bandeira de Israel en Bruxelas ou de visitar a Netanyahu que de denunciar o cruel e implacable castigo sobre a poboación de Gaza, e por iso debería dimitir”, manifestou a eurodeputada nacionalista no debate que esta mañá tivo lugar no Parlamento Europeo baixo o título “Os atentados terroristas de Hamás en Israel, o dereito de Israel a defenderse de conformidade co Dereito humanitario e internacional e a situación humanitaria en Gaza”.

Ana Miranda e Diana Riba
Ana Miranda e Diana Riba

Na súa intervención, Ana Miranda, -que é integrante das Delegacións de Relacións con Palestina e con Israel do Parlamento Europeo-, expresou o rexeitamento ao xenocidio e limpeza étnica que Israel está levando a cabo en Gaza así como a longa e inxusta ocupación que sufre o Pobo Palestino, denunciada e considerada ilegal en numerosas resolucións da ONU ao longo das sete décadas que dura esta ocupación.

Segundo denunciou a eurodeputada do Bloqueo, a violencia desproporcionada de Israel hacia Palestina, “é un castigo colectivo a un Pobo que demanda a súa autodeterminación” e o “deplorable” apartheid que leva a cabo o goberno sionista e o bloqueo por terra, mar e aire “converteron Gaza na maior cárcere ao aire libre del mundo”.

Traballar para a paz

“É necesario traballar sen descanso para alcanzar o cese da violencia en Gaza e unha solución de Paz que acabe coa ocupación”, subliñou a eurodeputada do Bloque, quen considera imprescindible o cese do fogo, abrir os corredores humanitarios e respectar inmediatamente o dereito internacional humanitario. Neste sentido, o BNG defende iniciar un proceso de negociación política con respaldo internacional para buscar unha saída pacífica e xusta a este conflito baseada no cumprimento das resolucións de Nacións Unidas ao respecto.



 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG