Adán: "As mulleres galegas son máis desiguais dentro da desigualdade"

Carme Adán replica á Secreatria de Igualdade que esquece na súa comparecencia informar da desigualdade salarial das mullres galegas

A nacionalista afirmou que o traballo feminino “informal e vulnerábel” con salarios máis baixos fai as mulleres “máis débiles” que aos homes en tempo de crise

A comparecencia, en sede parlamentar da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana Abella para informar das liñas de actuación do seu departamento provocou “duras críticas” da portavoz de Igualdade nacionalista Carme Adán.

No transcurso do debate, celebrado na Comisión de Política Social, Adán reprochou á Secretaria Xeral de Igualdade non facer ningunha referencia á celebración do Día da Igualdade Salarial para denunciar precisamente as desigualdades dos salarios entre homes e mulleres e porque “as mulleres galegas son máis desiguais na desigualdade”.

A nacionalista afirmou que o traballo feminino “informal, vulnerábel e con salarios máis baixos” fai as mulleres “máis débiles que aos homes en tempo de crise”

Mulleres galegas máis desiguais dentro da desigualdade

A deputada do BNG tamén recriminou que Secretaria de Igualdade non fixera referencia á realidade das mulleres galegas e criticou que para políticas de igualdade só se destinen 12,5 millóns de euros, “con esta cantidade, dixo, pouco van facer vostedes”.

Neste sentido, Adán preguntou polas medidas previstas contra: “unha menor ocupación laboral e menos ingresos” porque, “as mulleres galegas son hoxe máis desiguais” e en cinco anos a desigualdade social creceu.

No 2012, engadiu, cada día 30 mulleres perderon o seu emprego e esta taxa situase para as mulleres mozas galegas no 45%. Esta realidade obriga as mozas a emigrar para conseguir un posto de traballo.

Mozas poñendo copas en Londres como saída ao paro

Sobre os datos de desemprego de mulleres galegas novas, Adán afirmou que “ son aterradores” porque confirman que 8.506 mulleres mozas entre 30 e 34 anos do 2009 ao 2012 non viven en Galiza, 8.537 teñen entre 20 e 24 anos e 15.531 son mulleres entre 25 e 29 anos.

Para Adán a realidade destas mulleres, a maior parte delas con formación universitaria, redúcese a “servir copas en Londres ou buscar minijobs en Alemania”.

Sobre os datos do paro indicou que o 40% das mulleres desempregadas teñen entre 25 e 40 anos “toda unha xeración de mulleres no paro ou na emigración”, aseverou.

O problema de Galiza, reiterou “é o desemprego feminino e a fuxida das mozas fora”, o RISGA tamén é feminino, as pensións non contributivas no 78% son mulleres e das contributivas se os homes cobran unha media de 873 euros ao mes, “as das mulleres baixan a 552”, concluíu.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG