Adán chama “mentirosa” á Secretaria de Igualdade e lamenta o pouco respecto do PP polas vítimas de v

Comisión de Igualdade

A deputada do BNG, Carme Adán reprochou á secretaria xeral de Igualdade aplicar unha política contraria ás mulleres e lamentou “o pouco respecto do PP ás vítimas de violencia de xénero”.

Carme Adán suxeriu a López Abella, “abandonar o espello retrovisor” polas súas continúas alusións ao goberno Bipartito, “vostede é unha mentirosa, dixo, non utilice tanto o retrovisor porque ao mellor ve cousas do seu comportamento que non lle gustan”.

Na súa intervención, a deputada lembrou que a orde que regula o salario da liberdade péchase o 30 de outubro e explicou que no caso hipotético de que unha muller padeza malos tratos o 5 de novembro e acuda aos Servizos sociais, a traballadora social a informará de que debe agardar a saída da nova orde para acceder á axuda, “ presentamos unha iniciativa parlamentaria para manter todo o ano o Salario da liberdade e vostedes votaron en contra”.

Adán recalcou que o informe presentado hoxe na Comisión de Política Social reflicte o recorte en axudas ás vítimas de violencia de xénero, “menos inserción laboral e atención psicolóxica” ademais de constar que moitas mulleres presentan denuncia pero son moi poucas as que acceden aos recursos. Qué está pasando e como explica esta circunstancia a súa consellería preguntou?.

Adán na comisión de Igualdade

O salario da liberdade, a atención psicolóxica e os programas de aluguer de vivenda redúcense pero vostede non informa de cómo se vai resolver isto. A vista do informe que hoxe nos presenta, onde estamos e que imos facer?, volveu preguntar a nacionalista.

Adán asegurou que hai moitas mulleres necesitadas do Centro de Recuperación Integral e matizou que o importante non é poñelo en marcha senón en que condicións e con que tipo de recuperación, “creo que é moi mellorábel a xestión nalgúns programas contra a violencia de xénero”, manifestou.

Por outra parte, a deputada fixo fincapé nos programas de prevención presentes nos medios de comunicación pública, CRTVG, que , ao seu xuízo, deben implicar ao resto da prensa e cualificou de “alarmante” a redución de cursos e actividade formativa en coeducación a respecto dos anos 90, “nós pedímoslle que reclame o conselleiro de educación que reforce a formación dos docentes nesta materia”, concluíu.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG