Consello Nacional.
14 de setembro de 2024.
- Convocatoria da Asemblea Nacional e aprobación do Regulamento e calendario.
- Aprobación do proceso de elaboración do relatorio. Determinación dos temas a debater e convocatoria da Comisión Redactora da proposta de relatorio, que estará aberta a tod@s @s compañeir@s do Consello Nacional que queiran participar (art. 3.7. das Normas de Funcionamento).
16 de setembro de 2024.
- Envío electrónico dunha comunicación á militancia informando do acordo do Consello Nacional de convocatoria da asemblea nacional e do proceso de participación, así como do Regulamento e calendario previsto.
- Indicacións a responsábeis comarcais e da emigración para garantir que esta información chega a toda a militancia, incluída aquela que non posúa enderezo de correo electrónico ou datos non actualizados.
Comisión Redactora
20 de setembro de 2024
- Constitución da Comisión Redactora de textos da Asemblea Nacional.
- Establecemento do método de traballo, calendario e distribución de funcións entre as persoas que compoñan esta Comisión.
Do 20 de setembro ao 13 de outubro de 2024.
- Prazo estabelecido para o traballo de elaboración de textos por parte da Comisión Redactora.
14 de outubro de 2024.
- Traslado ao Consello Nacional dos textos elaborados pola Comisión Redactora.
18 de outubro de 2024
- Prazo aos/ás membros do Consello Nacional para presentaren emendas aos textos iniciais presentados pola Comisión Redactora.
Comisión Redactora
21 de outubro de 2024.
- Valoración e ditame das emendas presentadas aos textos pol@s membros do Consello Nacional.
Consello Nacional
26 de outubro de 2024
- Aprobación do Relatorio e do Informe político e de xestión do Consello Nacional saínte.
26 de outubro de 2024
- Envío electrónico á militancia do Relatorio da Asemblea Nacional e do Informe político e de xestión do Consello Nacional saínte.
- Inicio do prazo de inscrición de militantes e simpatizantes para participaren na asemblea nacional (por motivos organizativos e loxísticos).
Do 7 de outubro ao 11 de outubro de 2024
- Envío aos consellos comarcais e á asemblea da emigración das relacións provisionais de militantes con plenos dereitos.
- Comunicación electrónica á militancia sen plenos dereitos.
Do 12 de outubro ao 19 de outubro de 2024
- Posta a disposición da militancia do censo de militantes nas sedes comarcais. Período de reclamacións ao censo e de actualización de cotas.
- Traslado de modificacións do censo á sede nacional desde as comarcas.
23 de outubro de 2024
- Peche do Censo Nacional definitivo e envío ás comarcas.
Asembleas comarcais e da emigración
Do 28 de outubro ao 10 de novembro de 2024
- Período de realización de asembleas comarcais e da emigración para o debate de textos, formulación de emendas e, de ser o caso, para formar parte da proposta de candidatura do Consello Nacional.
12 de novembro de 2024
- Remate do prazo para comunicar as emendas aprobadas (e de ser o caso de propostas para o Consello Nacional) polas asembleas comarcais e da emigración.
- Peche do prazo habilitado para a inscrición de militantes e simpatizantes no pleno da asemblea nacional.
15 de novembro de 2024
- Apertura do prazo de presentación de candidaturas ao Consello Nacional.
Consello Nacional
16 de novembro de 2024
- Ditame das emendas procedentes das asembleas comarcais e da emigración ao Relatorio da asemblea nacional.
- Aprobación do informe político do Consello Nacional á Asemblea Nacional.
- Opción de proposta de candidatura do Consello Nacional para a asemblea nacional.
- Aprobación da proposta de Orde de Traballos.
- Designación de secretarios/as, moderadores/as e defensores/as do Relatorio en Pleno.
18 de novembro de 2024.
- Envío electrónico das emendas ditaminadas á militancia.
20 de novembro de 2024
- Prazo límite de presentación de candidaturas ao Consello Nacional (até as 19 horas)
1 de decembro de 2024. Pleno da XVIII Asemblea Nacional do BNG.
- Ás 10.00 horas, prazo límite para a presentación de alteracións ou subsanación de erros nas candidaturas presentadas ao Consello Nacional.
Asembleas comarcais e da emigración.
Do 7 ao 20 de decembro
- Prazo para a renovación completa do Consello Nacional, coa elección de responsábeis comarcais e da emigración, e a designación de representantes de partidos e colectivos integrados no BNG.
Consello Nacional
11 de xaneiro de 2025
- Constitución formal do novo Consello Nacional.