A Xunta responde ao BNG que os produtores de leite deben "aforrar" para as vacas fracas

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz cualificou de “incompetente” á directora de Desenvolvemento rural, Patricia Ulloa e preguntou “a que hora pensa dimitir”.

Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Agricultura sobre as actuacións da Xunta, ante a “grave situación” do sector lácteo.

Tras a resposta da directora xeral de Desenvolvemento Rural, Patricia Ulloa na que cominou aos produtores de leite “a facer caixa” para cando os prezos baixen, Tereixa Paz cualificou de “insultante para o sector” tales afirmacións e “insensatas” por recomendar “aforrar” para dar viabilidade ás explotacións.

A Xunta anima @s produtor@s a aforrar

A parlamentaria reprobou que a cargo da Xunta reducira a súa resposta a “gardar das gordas para as fracas” nun sector que vive unha grande crise e sobrevive grazas a que no ano 2012 fixeron “algo de caixa” parafraseando á propia Ulloa a que ademais animou a preguntarlle os produtores polo número de explotacións corren o grave perigo de non aguantar ata finais deste mes cos actuais prezos.

Tereixa Paz tamén preguntou porqué despois de gobernar o PP dende o ano 2009 seguen contando “a mesma milonga” de que son os gandeiros os que deben reducir os custes de produción mentres a Xunta non reacciona.

Neta liña, explicou que existen explotacións que xa reduciron ao máximo, explotando incluso a terra pero aínda así, recalcou, con prezos de 22 ata 27 céntimos resúltalles moi difícil sobrevivir.

Tereixa Paz en Comisión parlamentaria

A parlamentaria tamén se referiu as afirmacións de Ulloa sobre a necesidade de acostumarse a “volatilidade” da que dixo, é unha pena que rematara o prazo de emendas á Lei de emprego público porque a someteriamos a vostede a esa volatilidade para fixar os salarios dos directores xerais en base o rendemento.

O Paquete lácteo non defende aos produtor@s

Paz tamén criticou o decreto do “Paquete lácteo” que Xunta non reforzou con medidas para que os gandeiros conten cos instrumentos necesarios para que os contratos, a un ano, non sexan froito das decisións da industrias. “Ningunha das necesidades do sector e das intencións da conselleira para incluír eses mecanismos no decreto, frutificaron” e agora ben vostede ven a “vendernos a moto de que o Decreto é para velar polos intereses dos gandeiros”.

A deputada volveu a recriminar que a directora xeral “mentira” sobre os datos da superprodución de leite tendo en conta, que o propio secretario xeral do Ministerio, Carlos Cabanas afirmou que se producirían 40.000 ton mentres a Xunta falaba de 250.000 e mesmo proferiu “ameazas” para que o sector producira menos.

Tereixa Paz rematou a súa intervención coa frase coa que comezou: “A que hora ten pensado presentar a súa dimisión”, sra. Directora Xeral.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG