Solidaridade das mulleres con Dani e David, perseguidos por unha pintada a favor do aborto

MANIFESTO DE SOLIDARIDADE CON DANI E DAVID

Mulleres de todos os ámbitos asinaron un manifesto de apoio a Daniel Carballada, militante do BNG e concelleiro en Cambre, e David Neira, militante de Galiza Nova, que serán xulgados polo mero feito de realizar unha pintada a favor do dereito das mulleres a decidir sobre os seus corpos e sobre a súa maternidade, e en defensa do dereito ao aborto gratuíto e seguro que pretendía cercear a contrarreforma de Gallardón.

Destacadas figuras do mundo da literatura, da música, das artes escénicas, da política, do activismo social entre outras, asinan un manifesto no que declaran “actuar como integrantes da sociedade civil a título individual desde o compromiso inequívoco na defensa dos dereitos das mulleres”.

O documento adxunto recolle algúns dos nomes das mulleres asinantes, aos que se teñen sumado novas incorporacións, como por exemplo Julia Otero, Lucía Aldao, Sés, María Pujalte, Antía Otero, Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Isabel Risco, Berta Ojea, entre outras.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG