A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, mantivo esta mañá unha xunta con representantes da Coordenadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina nas dependencias do Congreso.
No encontro, onde tamén estiveron representantes doutros grupos, acordouse unha programación de actuacións para as vindeiras semanas en relación á exixencia de que o Goberno cumpra a orde de detención preventiva cursada pola Interpol con fines de extradición das 19 persoas reclamadas pola Xustiza arxentina e imputadas por crimes contra a humanidade cometidos na Dictadura franquista.
O BNG vén respaldando as acións e iniciativas da Coordenadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina desde hai tempo, e participa nas súas actividades frecuentemente.
De feito, vaise convocar para mañá mércores día 26 de novembro unha rolda de prensa conxunta no Congreso, na que participará a deputada do BNG, Rosana Pérez, para presentar unha proposición non de lei asinada por varias formacións políticas como o BNG. Terá lugar mañá no Escritorio da Cámara ás 11.30 horas.