A proposición non de lei defendida polo deputado do BNG, Daniel Rodas para destinar 18M que estaban vinculados á acuicultura intensiva sexan destinados a axudas pra o sector do marisqueo, miticultura ou pesca artesanal, acadou o apoio unánime da Cámara galega.
O parlamentario do BNG lembrou que o proxecto da lei de acuicultura do Partido popular finalmente paralizado pola mobilización social, era un clamor da cidadanía que demandaba un cambio da política para o sector do mar, un sector que crea moita riqueza e actividade no noso país. A lei de acuicultura do Goberno galego propuña un modelo intensivo con prevaleza de capital que para o deputado responde ao ADN da Unión europea neoliberal e que o Partido popular comparte. Na súa intervención, Rodas estendeu a crise da pesca galega ao agro, ao pequeno comercio e ao sector naval, afectados polas políticas erráticas do Partido popular.
O nacionalista asegurou que moitos millóns de euros dos fondos da Unión europea van destinados a acuicultura cando, na súa opinión, deberían ser destinados a axudas para as paradas das mariscadoras a pe ou para inversións que reduzan o impacto na calidade da auga.
O deputado, tras criticar as directrices da Unión europea para o sector pesqueiro galego mentres pola contra non dúbida e impulsar a acuicultura reclamou que os 18 M destinados para levar a práctica os requisitos impostos por Bruxelas para esta actividade foran destinados a axudas para o sector do marisqueo, miticultura e pesca artesanal.
Pola súa parte, o portavoz popular, José Manuel Balseiro anunciou o voto favorable á proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista que tamén acadou o apoio da totalidade da Cámara