A Xunta négase a avaliar o impacto do Decreto do Plurilingüismo

Ana Pontón

Ana Pontón lembra que a Xunta leva catro anos “incumprindo a lei” e cualifica de “bluff/tongo” o plurilingüismo de Feijóo

Intervención de Ana Pontón

Pleno.-A deputada do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha iniciativa na que reclamou unha avaliación da Xunta sobre o efecto no sistema educativo e competencia Lingüística do alumnado da “imposición do Decreto do plurilingüísmo no ensino non universitario de Galiza”.

A deputada lembrou que a Xunta impuxo o Decreto contra o criterio da comunidade educativa, organizacións políticas e institucións consultivas da Xunta en materia de apoio á lingua á galega.

Para a deputada, resulta normal que a Xunta non queira avaliar o Decreto porque en realidade o plulrilingüismo de Feijóo é “unha gran mentira” e desvela que a competencia en lingua galega é inferior a lingua castelá.

Para o BNG,dixo, “o plurilingüismo de Feijóo é un bluff”, que na práctica serve exclusivamente para destinar recursos públicos ao ensino privado como constatan as “cifras escandalosas” reflectidas nos datos publicados no DOG sobre os centros plurilingües.

Centros privados privilexiados polo Partido popular

Sobre este extremo, engadiu que segundo datos publicados no ensino público, existe unha parte moi cativa de centros incorporados, mentres os centros privados “son privilexiados”. Segundo os nosos datos, afirmou, só 44% das unidades de centros plurilingües son públicos, mentres o 56% son privados, isto significa que o 39,5% dos centros privados están incorporados á rede de centros plurilingües fronte o 8,2% de centros privados.

Ana Pontón

No ensino público a incorporación do plurilingüismo, explicou, supón que na inmensa maioría só se oferta en inglés nunha materia, educación artística-plástica, “nos centros privados o número de materias sitúase entre unha e tres”.

A Xunta apoia con fondos públicos un centro privado de Fenosa nos Peares

A nacionalista criticou que a Xunta destine cuantiosos recursos públicos para favorecer o poboado de inmersión en inglés que habilitou Fenosa nos Peares. Un proxecto privado para o que se convocou unha orde de axudas que entre a aportación das familias e a subvención pública ascende a 400.000 euros. . A parlamentaria do BNG preguntou como é posíbel que a Xunta paque os cursos “a un prezo superior do que se oferta sen subvención” e destacou que pode comprobarse como se ofertan cursos de verán en internet por valor de 680 euros, “mentres a Xunta paga algunhas prazas a 800 euros”.

A Xunta non quere avaliar o Decreto porque é “unha estafa e unha gran mentira”

O BNG, dixo, considera que a aprendizaxe de linguas estranxeiras debe potenciarse partindo do noso entorno e en todo caso, nunca enfrontarse coa aprendizaxe da lingua propia e mostrou a súa preocupación pola última enquisa do IGE que avanza o desastre que se está producir co coñecemento e uso do galego. Un dos datos máis significativos confirma que entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe dos que sabe falar pouco ou nada o galego increméntase ata o 22,70%, salientou.Ana 4

“Van alá cinco cursos escolares en que se aplica o Decreto 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galiza e temos xa unha primeira promoción de alumnado de infantil (na etapa de 3 a 6 anos) que enfrontou este novo sistema. É unha obriga, recoñecida legalmente, realizar unha avaliación científica sobre o impacto que este decreto está a ter no obxectivo de que o alumnado acade competencia plena en lingua galega”.

Desde o BNG, concluíu, entendemos que a negativa da Xunta a avaliar o efecto do decreto responde á estratexia da mentira, “estratexia para esconder a grande estafa do decreto do plurilingüismo. “Estafa” en primeiro lugar, porque esconde unha política de devaluación e marxinación da lingua propia de Galiza. Máis estafa tamén, porque non hai un cambio de modelo de aprendizaxe doutras linguas.

O Partido popular anunciou o voto en contra á inciativa defendedida pola deputada Ana Pontón

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG