Xavier Vence: "O BNG non pide a bendición nin de Génova, nin de Ferraz, nin da Complutense"

Insta a empezar a derrota do PP o 24M apostando por estender o modelo de gobernos nacionalistas “que foron baluartes contra os recortes”

As-Pontes3O BNG ten un proxecto nacionalista de esquerdas que representa unha alternativa ao PP para todo o país, e demostra desde os concellos que lidera “que é posible gobernar a favor da persoas”.

“Os nosos concellos foron baluartes contra os recortes, contra o desmantelamento dos servizos públicos, contra os repagamentos que fan negocio coa saúde, demostramos que é posible dinamizar o tecido económico local e favorecer a creación de emprego, demostramos que somos honestos e que temos orgullo da nosa cultura e da nos lingua”, argumentou o portavoz nacional, Xavier Vence, no mitin en As Pontes.

Co aval dese modelo de concellos e da traxectoria en defensa de Galiza, Vence proclamou que BNG-Asembleas Abertas ten un proxecto para os concellos deste país “que non precisa, nin pide a bendición de Madrid”.

As-Pontes2“O nacionalismo que representa o BNG é a capacidade para pensar Galiza por nós e desde nós. É a capacidade de dar alternativas para a xente deste país, sen esperar que nos bendigan desde Madrid, nin desde Ferraz, nin desde Génova, nin desde a Universidade Complutense”, argumentou Vence, que subliñou que o Bloque “non precisa primos de zumosol traídos de fóra, porque non somos pupilos de ninguén”.

“Hai quen presume de ser a nova política, pero na práctica se reduce a pedir o aplauso de tertulianos forxados en platós dos mesmos medios madrileños empeñados en definir a mapa político de Galiza en clave estatal. O BNG non se supedita a estratexias das forzas españolas, apostamos por un proxecto pensado desde Galiza, por galegas e galegos, sen complexos de inferioridade”, recalcou.

O dirixente nacionalista instou á cidadanía a aproveitar o 24 de maio como primeiro paso para derrotar ao PP e “poñer freo desde os concellos a súa política de recortes”

“Pedimos o apoio a BNG-Asembleas Abertas para darlle unha resposta contundente ás políticas de recorte do PP que están esnaquizando os servizos públicos, pedimos o apoio para un modelo de concellos que aposta pola xestión pública fronte a privatización que beneficia só as empresas do PP, ao que despois financian de xeito corrupto”, explicou.

As-PontesVence afondou nos argumentos que fan do Bloque a mellor alternativa de cambio ao PP. “Porque onde gobernamos os concellos apostan por servizos de calidade para as persoas, con cultura propia e de base, porque nos comprometemos co comercio local, cos sectores produtivos, e por dar un futuro a xente nova”.

Galiza precisa dun proxecto nacionalista que defende os intereses do país tamén desde os concellos. “Que sería deste país sen un nacionalismo que fixera bandeira insubornable dos intereses de Galiza?”, concluía Vence nas Pontes.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG