Vence a Rajoy: “ve Galiza como unha despensa de votos que despois usa para aplicar políticas contra

Presentación dun decálogo de medidas en apoio do galego desde os concellos, como compromiso político de BNG-Asembleas Abertas

Critica a deriva de “desprezo” ao idioma tanto de Feijóo como de Rajoy, comparable á actitude “que sentía e exercía Franco”

VENCE CON CANDIDATOS E CANDIDATAS NA COMARCA FERROLO portavoz nacional, Xavier Vence, considera que a presenza de Mariano Rajoy en Pontevedra, “nunha escapada de media tarde” é un reflexo da visión que o presidente do PP ten de Galiza como despensa de votos que despois utiliza para aplicar políticas “que nos discriminan”.

“Ve Galiza como unha simple despensa de votos do PP para despois aplicar desde Madrid políticas que van en contra dos intereses de Galiza, esnaquizando os nosos sectores produtivos, triturando os nosos dereitos sociais e os nosos servizos públicos, e desmantelando o noso autogoberno”, criticou Vence.

Desde Ferrol, onde participou nun acto de BNG-Asembleas Abertas en defensa do galego en vésperas do 17M-, Vence mandaba unha mensaxe a Rajoy: “Galiza non pode estar sometida a un tipo de políticos que só nos consideran unha colonia para recadar votos cos que despois impoñer políticas que van contra os nosos intereses e laminan o noso cativo autogoberno”.

Para o dirixente nacionalista “é triste ver a un galego como Rajoy que entenda Galiza como despensa de votos”, unha actitude de menosprezo co país que trasladou tamén a lingua.

“É prototipo de galego que padece autoodio e despreza o noso idioma, que nunca utilizou nos actos públicos cando tivo responsabilidade na administración local ou na Xunta. Ese desprezo polo noso idioma só é comparable co que sentía e exercía o xeneral Franco”, lamentou.

Vence subliñou que tamén Feijóo se suma a ese “ronsel” contra a lingua, como está demostrando en campaña, “na que usa de forma ostentosa e sistemática o español en desprezo do galego. Nunca un presidente da Xunta fixo tal deixación no uso do noso idioma”, denunciou.

O portavoz nacional facía esta crítica tras a presentación en Ferrol dun manifesto a favor da lingua, que todos os candidatos e candidatas de BNG-Asembleas Abertas asumen como compromiso para promover a normalización do uso do galego desde todos os concellos, “como administración máis próxima á cidadanía”.

Lembrou que os municipios gobernados polo Bloque “xa son un exemplo” no uso e promoción da lingua, máxime nun contexto de retroceso do galego “que é necesario reverter” e que Vence atribuíu “ás políticas de abandono do noso idioma que practica tanto a Xunta de Feijóo como a inmensa maioría dos concellos nos que goberna o PP”.

O decálogo de compromisos foi presentado nun acto con candidatos e candidatas de BNG-Asembleas Abertas de toda comarca de Ferrolterra.

DECÁLOGO POLA LINGUA

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG