Tereixa Paz :“As políticas agrarias do Goberno son un fiasco para o medio rural"

A deputada acusou á consellería de Medio Rural  de impulsar o eucalipto para empresas privadas e cualificou de “fiasco” as políticas para o Medio Rural

Tereixa Paz lendo o Acordo do Leite

Tereixa Paz, tras escoitar a conselleira de  de Medio Rural acusou ao Goberno de “non apostar por este ámbito” e cualificou de “fiasco” as políticas agrarias.

Xa no debate dos orzamentos para 2016, asegurou que a Formación e Capacitación conteñen tres programas que descenden, “ dunha forma moi relevante” no relativo a investigación e innovación tecnolóxica en máis 3,2 millóns de euros.

Asemade, tamén negou o incremento de axudas para o Indacal que reduce a transferencia en 245.000 euros respecto do ano 2015. Para a deputada, os orzamentos establecen como prioridade potenciar os centros de formación profesional do ámbito agrario pero en realidade, “nos últimos dous anos foron eliminados graos superiores no noso país”.Con esta política, dixo, “dificilmente conseguiremos mellorar a capacitación profesional dos activos agrarios”.

Sobre a transferencia tecnolóxica, a deputada preguntou polas previsións para resolver os problemas do Indacal e dos centros de investigación como o de Mabegondo, cun “35% menos de persoal e tecnólogo e un 45% menos de investigadores doutores” e excluído dos programas da Axencia galega de Innovación.

Acordo infame para o Sector lácteo galego

A parlamentaria recalcou que as políticas de Medio Rural carecen de peso dentro dun “orzamento expansivo” que medra 5,6% dedicando un 4,9%, isto demostra,ao seu xuízo, o nulo esforzo do Goberno co medio rural.

Tereixa Paz reiterou que o Indacal descende nun 9,5% igual que a Axencia galega de Desenvolvemento rural nun 22,4%, Sobre o acordo do leite dixo que “foi un acordo infame para os gandeiros e gandeiras de Galiza” e que a propia conselleira recoñeceu, dous meses máis tarde, que a subida situábase no 0,6 céntimos o litro de leite en orixe. Nos últimos meses, explicou, a a nacionalista estase producindo “unha baixada da produción” que nalgún dos casos non ten nada que ver coa estacionalidade e si cos “baixos prezos e falta de expectativas das explotacións lácteas”.

Tereixa Paz

Por outra parte, a deputada tamén se referiu ás competencias de Medio Rural para salientar que no sector lácteo sofre de falta de dinamismo e dimensionamento do cooperativismo agrario gandeiro do noso país, pero vostedes, “cárganse o programa de asociacionismo agrario cunha cantidade ridícula, 1,3 millóns de euros baixando a respecto do ano pasado 3 millóns de euros menos.

Outro dos problemas do sector lácteo, engadiu, foi eliminar o programa de mobilidade de terras agrarias. As concentración parcelarias non serven para incrementar a base territorial, remarcou. A deputada tamén criticou a falta de transformación e industrialización baixando os programas para a mellora da calidade agroalimentaria ou a internacionalización e competitividade, “non hai un só programa” que busque estes obxectivos.

Finalmente, a parlamentaria acusou a conselleira de Medio Rural de “apoiar o eucalipto” aumentando os orzamentos para transferencias de capital para empresas privadas reflectidas no programa de “producións forestais” incrementando en 18 millóns de euros.

Tereixa Paz concluíu afirmando que o ano pasado, Medio Rural non executou “nin o 40%”. Os seus orzamentos e as súas políticas “son un fiasco”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG