Tereixa Paz esixe no Parlamento un "trato xusto" para as persoas emigrantes retornadas

A parlamentaria pide unha campaña informativa sobre a tributación deste colectivo e que se cumpran os acordos parlamentarios para resolver a situación.

Tereixa Paz sauda aos emigrantes concentrados nas inmediacións do Parlamento

Tereixa Paz  interpelou ao conselleiro de Facenda sobre os requirimentos da Axencia Tributaria a retornad@s con pensións de invalidez recoñecidas no estranxeiro e exentas de tributar

 Pleno.- A deputada do BNG, Tereixa Paz interpelou hoxe ao conselleiro de Facenda sobre a interpretación da Axencia Tributaria, nos últimos exercicios, en relación coas obrigas dos e das emigrantes retornados en relación coas súas pensións.

Para a deputada, as persoas emigrantes retornadas están sendo discriminadas como denunciaron hoxe mesmo, dixo a nacionalista, na concentracións que mantiveron nas inmediacións do Parlamento galego e que congregou a centos de afectados e afectadas reclamando “un trato xusto” por parte da Axencia Tributaria do Estado.

O BNG pide que se cumpran os acordos parlamentarios

Na súa intervención, Paz lembrou que o día 5 de maio, á iniciativa do BNG, aprobábase unha moción destinada a instar ao Goberno da Xunta a realizar dúas actuacións ante a Axencia Tributaria do Estado, primeiro negociar antes do período de seis meses para a regularizacións para que foran tidas en conta as diferentes sentenzas xudiciais relacionadas coa interpretacións do convenio hispano-alemán vixente ata o ano 2013 eximindo a obriga de presentar tributación ás persoas procedentes de Alemaña e, en segundo lugar, sobre o recoñecemento das invalideces tamén exentas de tributar no Estado español.

Emigrantes retornados reclaman un trato xusto ante o Parlamento

Transcorrido máis de mes e medio da aprobación daquel acordo e cando estamos a 7 días do remate do prazo para realizar a regularización, a deputada preguntou que accións realizou a Xunta ao respecto.

A parlamentaria tamén se referiu a unha nova sentenza do TSXG que atinxe a unha persoa retornada de Suíza a que se lle recoñece unha pensión de grado absoluto exenta de tributar e que polo tanto, ten dereito á devolución do ingresado.

O conselleiro non se compromete a iniciar a campaña informativa que reclamaba o BNG

Pola súa parte o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez trasladou á deputada o apoio ao colectivo de emigrantes retornados e asegurou que a Xunta, dentro das súas competencias, realizou as xestións necesarias para resolver o problema.Emigrantes retornados 2

Para a deputada, “o conselleiro non deu ningunha información” sobre as accións realizadas pola Xunta. “Fagan xustiza con estas persoas” espetoulle a deputada ao titular de Facenda. @s afectad@s necesitan información veraz e que non os prexudique, “amplíen o prazo para poder regularizar as persoas que a día de hoxe non saben que obrigas teñen coa Axencia Tributaria”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG